Veda (relixión)
En relixión, denomínase Veda a cada un dos textos sagrados que constitúen o fundamento da tradición relixiosa da India. Estes textos están escritos en sánscrito arcaico.[1]
Os Vedas pertencen ao vedismo, ou relixión do período védico, historicamente anterior ao hinduísmo.[2]
Textos
editarSon catro textos on recompilacións de himnos, coleccións de oracións, fórmulas de consagración e expiación dirixidos aos deuses, escotos nunha lingua chamada sánscrito védico, do que posteriormente se orixinou o sánscrito clásico. Inicialmente, os Vedas transmitíanse só oralmente, e aínda hoxe, nalgunhas rexións da India, como Kerala, hai escolas védicas onde os nenos aprenden o seu contido de memoria.[3]
- O Rig veda (ou 'Veda dos himnos'), o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do II milenio a. C. Texto épico-relixioso con 1 028 himnos (denominados rik) dedicados a múltiples deuses.
- O Sama veda (ou ‘Veda cantábel’), que consiste nun 96 % dos himnos do Rig-veda, ordenados de maneira diferente.
- O Yajur veda (ou ‘Veda do sacrificio’), que consta dun terzo de himnos do Rig-veda.
- O Atharva veda (ou ‘o Veda do [sabio] Átharvan’), conxunto de himnos para contrarrestar maleficios nun sacrificio de fogo.
Patrimonio mundial da humanidade
editarA tradición do canto védico foi cualificada pola UNESCO en 2008 como Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.[4]
Notas
editar- ↑ veda, 2º artigo no Dicionario da RAG
- ↑ A Enciclopedia británica (2005) utiliza indistintamente os termos vedismo, brahmanismo védico e brahmanismo, pero reserva o termo vedismo para a primeira etapa (previa ao período Bráhmana), e define o brahmanismo como a relixión da antiga India que evolucionou a partir do vedismo, e que toma o seu nome da posición predominante da súa clase sacerdotal (os bráhmanas) e da especulación acerca do Brahman, o poder supremo.
- ↑ Martins, Roberto de Andrade (2011): "As dificuldades de estudo do pensamento dos Vedas". En: Ferreira, Mário; Gnerre, Maria Lucia Abaurre e Possebon, Fabricio (orgs.). Antologia Védica. Edição bilingue: sânscrito e português. João Pessoa: Editora Universitária UFPB. ISBN 978-85-92665-00-5, pp. 113-183.
- ↑ UNESCO. "La tradition du chant védique" (en francés). Consultado o 13 de decembro de 2020.