Turmitta
Turmitta foi unha cidade da zona raiana entre os hititas e Mitanni que foi independente sobre o século –XVI e caeu baixo a influencia de Mitanni, ata que, a finais do século –XV, foi sometida ao Imperio Hitita. Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.
Na segunda metade do século –XIV foi obxecto dos ataques dos kaskas, que chegaban bastante ao sur. Fixéronse co control de dúas cidades principais: Halila e Dudduska. Estas cidades serían destruídas por Mursilis II na súa primeira campaña no segundo ano do seu reinado, sobre -1320.