[go: up one dir, main page]

Tuimil, Bóveda

parroquia civil do concello de Bóveda

Santa María de Tuimil é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Limita coas parroquias de San Fiz de Rubián e Vilasouto ao norte, Laiosa ao leste, Guntín e Bóveda ao sur e Rubián ao oeste.

Tuimil
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°39′02″N 7°26′56″O / 42.65066171, -7.44891714
Poboación84 hab. (2019)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 121 habitantes (60 homes e 61 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Topónimo

editar

O seu nome provén do xermánico teod mir (lugar eminente). No ano 1175, nunha bula do mosteiro de Samos, aparece a igrexa de Santa María de Toemir. En 1430 Gómez Ares vendeu a Vasco Fernández, todas as súas herdades en Xulián, freguesía de Santa María de Toymil, sendo notario da Somoza un tal Lorenzo.

Patrimonio

editar

A igrexa de Santa María de Tuimil data dos séculos XVII e XVIII. É un edificio de tres naves, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas, separadas entre si por dous arcos de medio punto en granito.

No lugar de Xullán atópase a capela de San Pedro, de planta rectangular e muros de cachotería de lousa enlucidos, con cuberta a dúas augas en madeira e lousa. Sobre a porta levántase un campanil dun só van.

Na arquitectura civil destaca no lugar da Abelleira, a Casa da Abelleira.

Destacan varios hórreos ben conservados no lugar de Xulián, e os Muíño de Vilaboa, de Pena, de Barxa, e do Pardo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Tuimil

editar
Lugares da parroquia de Tuimil no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

A Abelleira | Barxa | A Cabana | Casanova | O Castro | Mazaira | Meruz | O Moredo | Portaivente | Regodaíde | Ribeira | Salgueiriña | San Xurxo | Tuimil | Vilaboa | Xullán

Parroquias de Bóveda

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar