Trubia
Trubia é unha parroquia (Santa María), do concello de Oviedo, Asturias, contaba con 2.067 habitantes no ano 2011. Historicamente pertenceu antes ao concello de Grau, do que se separou oficialmente en 1885, xunto coas freguesías de Pintoria e Udrión, a petición dos propios veciños, para pasar a depender do da capital, Oviedo, da que dista unha ducia de quilómetros. Trubia acadou certa notoriedade polas súas fábricas de armas. A posibilidade dun ataque francés, logo da Paz de Basilea, fixo que se decidise, polo goberno español, o traslado da industria militar das factorías guipuzcoanas de Eugui e Orbaiceta, demasiado próximas á fronteira gala, e que foran asaltadas na contenda anterior. Escolleuse Trubia, porque fornecía a posibilidade nos arredores de recursos básicos: auga, madeira, ferro e carbón. Supuxo o traslado de centenares de familias, que acompañaron, naturalmente aos operarios, desde o País Vasco a Asturias. Trubia converteuse así nun referente industrial, non só para Asturias senón para toda España.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Oviedo | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.852 (2020) (126,94 hab./km²) | |||
Número de fogares | 1.249 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 14,59 km² | |||
Bañado por | Río Nalón e Río Trubia | |||
Altitude | 100 m | |||
Comparte fronteira con | Udrión (en) Castañeo'l Monte Bayo (en) Sama de Grado (en) Parish of Báscones (en) Tuñón (en) Pintoria (en) Caces (en) Godos (en) Berció (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33044300000 | |||