[go: up one dir, main page]

Torre dos Moreno

casa de indianos en Ribadeo

A torre dos Moreno[1] é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Mandárona construír Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915[2] e deseñárona o arquitecto Julián García Núñez[3] e o enxeñeiro Ángel Ardex.[4] Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.[5] Dende 1997 o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural[6][7] e ademais está incluída no Ben de Interese Cultural do conxunto histórico da vila de Ribadeo.[8][9]

Torre dos Moreno
Vista dende o parque da praza de España, fachada SO.
Edificio
Estilomodernista
LocalizaciónRibadeo
Coordenadas43°32′11″N 7°02′22″O / 43.5364732, -7.03942
PropietarioVíctor Madera
Construción
Inicio1915
Dimensións
Plantas4
Equipo
Arquitecto(s)Julián García Núñez
PromotorPedro e Juan Moreno Ulloa
editar datos en Wikidata ]
Detalle da torre principal.
Vista artística da Torre dos Moreno en Bandera Católica, 1916.

Descrición

editar

Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o soar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios. Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros. As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados. A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Actualidade

editar

O 23 de decembro de 2010 publicouse unha resolución da Xunta de Galicia para salvar o monumento da ruína.[10] O 13 de xaneiro de 2011 comezaron os traballos de apuntalamento, tras arranxos anteriores no interior.

O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que asemade complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra por parte da empresa Paisajes de Asturias, propiedade de Víctor Madera,[11] en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60 %, Paisajes de Asturias; 21 % Concello de Ribadeo (adquirido en 1996)[2] e 19 %, herdeiros na Arxentina.[5][12] No 2019 Paisajes de Asturias mercoulle a súa parte ao concello, facéndose co 81 %, co compromiso de facer arranxos.[13]

Galería

editar
  1. Torre dos Moreno na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. 2,0 2,1 Alberto Leyenda (17 de xullo de 2011). "La incierta vida de la Torre dos Moreno". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  3. Díaz Varela, Emilio Rafael; Crecente Maseda, Rafael; Álvarez López, Carlos (2004). Turismo y Ordenación Del Territorio en el Municipio de Ribadeo (en castelán). Santiago de Compostela: Concello de Ribadeo / Universidade de Santiago de Compostela. p. 69. ISBN 84-9750-273-6. 
  4. Alonso (2005), p. 45
  5. 5,0 5,1 Ernesto Cruzado (10 de xullo de 2015). "Centenario de la Construcción de la Torre de los Moreno". 
  6. "DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 87. 8 de maio de 1997. p. 4.346. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  7. "Consulta a la base de datos de bienes inmuebles". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  8. "DECRETO 266/2004, del 11 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de conjunto histórico, la villa de Ribadeo, Lugo" (PDF). Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  9. "concello de Ribadeo. Patrimonio. Núcleo antigo de Ribadeo". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  10. "Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 245. 23 de decembro de 2010. p. 20.814. Consultado o 7-9-2019. 
  11. "El millonario asturiano que colecciona palacios". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-09-17. Consultado o 2019-09-21. 
  12. José Alonso (9 de novembro de 2015). "A Paisajes de Asturias le interesa comprar toda la Torre dos Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). .
  13. "Asturias se queda con la icónica Torre dos Moreno de Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-14. Consultado o 2019-09-21. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alonso Pereira, José Ramón (2005). "La arquitectura indiana de García Núñez a una y otra orilla del Eo". En VV.AA. Julián García Núñez: caminos de ida y vuelta (en castelán). Bos Aires: CEDODAL (Centro de documentación de Arquitectura Latinoamericana). pp. 45–59. ISBN 9871033117. 
  • Bores Gamundi, F. (Coord.) (2000). Casas de Indianos (en castelán). 84-453-2803-4. ISBN 84-453-2803-4.