Tony Gwynn
beisbolista estadounidense
Anthony Keith Gwynn Sr., máis coñecido como Tony Gwynn e alcumado Mr. Padre, nado nos Ánxeles, California, o 9 de maio de 1960 e finado en 16 de xuño de 2014, foi un xogador profesional de béisbol estadounidense. Disputou un total de 20 temporadas na Major League Baseball, todas elas cos San Diego Padres, equipo que retirou o seu dorsal 19 na súa honra. Foi incluído no Salón da Fama do Béisbol en 2007.[1]
Notas
editar- ↑ "Tony Gwynn". Baseball Hall of Fame (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tony Gwynn |
Ligazóns externas
editar- Tony Gwynn na web do Salón da Fama do Béisbol (en inglés)
- Estatísticas e información sobre o xogador en MLB, ou ESPN, ou Baseball-Reference, ou Fangraphs, ou Baseball-Reference (Minors), ou Retrosheet