The Velvet Underground
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
The Velvet Underground foi unha banda estadounidense formada en Nova York. Foi un dos grupos máis importantes da historia do rock e tiveron unha influencia determinante nos últimos 35 anos. Cando o soño hippie deslumbraba cos discos excelentes de xente coma Grateful Dead ou The Byrds, nas letras de The Velvet Underground falábase de sufrimento, de marxinación e de dor. Aínda que nun primeiro momento pasaran desapercibidos, moitas bandas posteriores reivindicaron o seu patrimonio artístico e hoxe en día son recoñecidos coma un punto e á parte na evolución do rock cara a diferentes formas de expresión.
The Velvet Underground | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 1964 - 1973 1990 1992 - 1994 1996 2009 |
Xénero(s) | rock experimental, protopunk, art-rock, blues-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Verve (1966–1968), M·G·M (1968–1969), Atlantic (1969–1972), Polydor (1972–1973), Mercury (1974), Sire (1993–1994). |
Membros | Willie Alexander John Cale Angus Maclise Sterling Morrison Walter Powers Lou Reed Maureen Tucker Doug Yule |
Na rede | |
http://www.velvetundergroundmusic.com/ | |
Traxectoria
editarAs orixes da banda hai que situalas na década de 1960. Naquela época Lou Reed estudaba na universidade de Syracuse, en Nova York, e compuña temas de pop, rock and roll e doo-woop. Reed tiña unha personalidade peculiar, que na adolescencia lle achacaran a desviacións e patoloxías nerviosas que intentaron curar con terapia de electrochoque. Á parte dos temas convencionais que vende a diversas discográficas, comeza tamén a crear outras cancións moito máis persoais con textos dunha gran forza lírica.
Na efervescente Nova York do 64, Lou Reed coñece a John Cale, un galés estudante de música contemporánea e admirador de músicos vangardistas coma John Cage ou La Monte Young. Cale amplificaba a súa viola para sacar dela imposibles notas eléctricas dun instrumento clásico. Tamén aparece Sterling Morrison, un excelente guitarrista rítmico veciño de Reed. Reed móstralles a Cale e a Morrison as súas cancións e estes quedan fascinados, así que deciden aplicar unha base de son ao gran potencial literario que posúen. Tras probar diversos baterías, chega á banda Maureen Tucker, unha muller que tocaba dun modo primitivo e desprendía unha imaxe ambigua.
O grupo comezou a tocar en varios locais de Nova York. As primeiras opinións do público foron desastrosas. A banda tocaba dunha forma completamente distorsionada e a maioría de veces fóra de ton, o cal resultaba desagradable para a audiencia. Fartos de ser expulsados de case tódolos locais, a Velvet comezou a tocar no Cafe Bizarre, coma unha das últimas tentativas de ter un mínimo de continuidade na escena. Este lugar constituíu un punto de inflexión para a banda: en medio doutra actuación viron entrar no local a Andy Warhol e todo o seu séquito, que andaba a buscar unha banda de rock para expandir os seus proxectos entre outros públicos diferentes. Ao final da actuación, Warhol propúxolle a Reed e Cale que se trasladasen a The Factory, berce dos protexidos de Warhol, ofrecéndolles novo equipo e a súa promoción. Neste novo contexto as letras e a música de Reed adquiriron un enfoque aínda máis explícito ca antes.
Xunto con Warhol crean o "Exploding Plastic Inevitable", unha combinación de cine, sadomasoquismo e rock co que percorren varias cidades e co que a crítica especializada comeza a falar da banda por riba incluso do espectáculo de Warhol. O propio Warhol axúdalles economicamente para producir o seu primeiro álbum, no que lles impón a presenza á voz de Nico, unha beleza loura que crea un forte contraste co resto da banda. Con Nico xorde a polémica, xa que Reed e Cale non ven con bos ollos o protagonismo que esta intenta asumir, pero ante a imposibilidade de non poderen facer o álbum sen a axuda de Warhol, non teñen máis remedio que aceptala.
The Velvet Underground & Nico sae ó mercado en 1967, realizado polo selo Verve. Naquel intre non vendeu máis dun puñado de copias, debido á mala distribución e promoción por parte da compañía e á súa baixa rendibilidade. A partir de aí a Velvet editou tres discos máis. Warhol deixounos sos para o segundo (White Light/White Heat), no que a cara bonita de Nico tamén desapareceu e os catro compoñentes orixinais do grupo recrearon un disco máis corrosivo que o anterior. No terceiro disco, titulado coma a banda, John Cale abandonou o barco e incorporouse Doug Youle. Este tamén interveu no cuarto e derradeiro LP de estudio do grupo, chamado Loaded, durante cuxa gravación tamén saltou do grupo o propio Lou Reed.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Velvet Underground & Nico | 1967 | Verve Records |
White Light/White Heat | 1968 | Verve Records |
The Velvet Underground | 1969 | MGM Records |
Loaded | 1970 | Cotillion Records |
Squeeze | 1973 | Polydor Records |
Álbums en directo
editar- Live at Max's Kansas City (1972)
- 1969: The Velvet Underground Live (1974)
- Live MCMXCIII (1993)
- Final V.U. 1971–1973 (2001)
- The Complete Matrix Tapes (2015)