The Oprah Winfrey Show
The Oprah Winfrey Show é un talk show estadounidense que se emite en sindicación producido e presentado por Oprah Winfrey. Desde que comezou en 1986 dominou durante máis de vinte anos os índices de audiencia da televisión en horario daytime.[1]
The Oprah Winfrey Show | |
---|---|
Duración | 45 minutos |
Desenvolvido por | Oprah Winfrey |
Producido por | Harpo Productions |
Presentado por | Oprah Winfrey |
Localización(s) | Chicago |
Cadea | Sindicación |
Día da estrea | 8 de setembro de 1986 |
Nº de temporadas | 24 |
Nº de episodios | 4734 |
Na rede
| |
http://www.oprah.com/ | |
Historia e características
editarO programa emíteno a maioría das canles afiliadas á ABC, outras emíteno a través da distribuidora CBS Television Distribution e ten un alto grao de influencia na cultura popular estadounidense. Así os libros que presenta nos seu Book Club, un segmento mensual do programa, adoitan ver aumentadas as súas vendas nas semanas seguintes[2]; internacionalmente emíteno moitas canles de lingua inglesa en todo o mundo. O 19 de novembro de 2009 anunciouse que o programa rematará o 9 de setembro de 2011 para comezar un novo talk show nunha futura canle que levará o seu nome, OWN: The Oprah Winfrey Network[3]. Segundo TV Guide é un[4] dos 50 mellores programas da televisión estadounidense de todos os tempos.
Notas
editar- ↑ "TV Squad". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2010.
- ↑ Tolstoy's Translators Experience Oprah's Effect, New York Times, 7 de xuño de 2004
- ↑ "Oprah Will Have A Primetime Show Of Her Own". Multichannel News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 07 de outubro de 2010.
- ↑ "TV Guide Names Top 50 Shows". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 07 de outubro de 2010.