Tesouro de Buscás
Tesouro de Buscás | |
---|---|
· Data do depósito: mediados do século XIII.
· Descubridores: Descoñecidos. · Lugar de aparición: San Paio de Buscás, Ordes. · Data do achado: década de 1960. · Composición: 16 moedas castelán-leonesas. · Materiais: billón. · Conservación: Museo Provincial de Lugo. |
O tesouro de Buscás é un conxunto de 16 moedas medievais castelán-leonesas de billón achado na parroquia de Buscás, Ordes, na década de 1960.
Historia
editarSábense poucos datos precisos acerca da aparición do Tesouro de Buscás. Descoñécese detalles tan salientables como a súa localización exacta —dentro da parroquia de San Paio de Buscás, Ordes—[1] e a identidade dos seus descubridores. A datación non pode concretarse máis que na década de 1960 e tampouco é posible precisar a súa composición orixinal, xa que hai varios inidicios de que estaba composto por máis moedas das que hoxe se coñecen.[2]
Os escasos datos coñecidos son os achegados polo historiador galego Manuel Vázquez Seijas cando fixo doazón do tesouro ao Museo Provincial de Lugo, que daquela dirixía,[2] o 2 de xuño de 1967. O conxunto foi rexistrado co número 6.112/29.[1][3]
En 1999, o tesouro foi exposto no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela. No catálogo da exposición figura un estudo do tesouro por parte de J. Suárez Otero.[2][4]
Composición
editarO tesouro conservado componse de 16 pezas en bo estado de conservación, das cales 13 son diñeiros leoneses e outras tres son divisores denominados meallas ou óbolos, todas elas da época de Afonso VIII de León e Galicia (1188-1230) e Fernando III de Castela (1230-1252), da tipoloxía da cruz nunha das súas faces e un león cara á dereita na outra.[2]
Canto ás cecas de procedencia destas moedas, polo menos oito delas (cinco diñeiros e tres divisores) corresponden á Casa da Moeda de Santiago de Compostela, en tanto que as restantes teñen marcas de ceca de Estremadura, Ciudad Rodrigo e León, así como unha de procedencia incerta.[1][2][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Tesouriño de Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. (ed.) (2001). Páxina 55.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ferreiro Boquete, J. J. "O Tesouriño de Buscás". Historia de Ordes (e comarca) (Ordestories.blogspot.com).
- ↑ "C.2. Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. et al. (2021). Páxina 774.
- ↑ Suárez Otero, J. (1999).
- ↑ Núñez Meneses, P. (2016). Páxina 1.381.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Suárez Otero, J. (1999). “Tesouriño de Buscás (Ordes, A Coruña)”. En Xacobeo 99 Galicia. Santiago de Compostela. Páxinas 262-263.
- Núñez Meneses, P. (2016). "Hallazgo de Ordes del Museo Provincial de Lugo". En Actas. XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 1.377-1.384. ISBN 978-84-89157-73-6