[go: up one dir, main page]

Telemiño

televisión local galega

Telemiño é unha cadea de televisión local de Ourense que conta con licenzas de TDT nas demarcacións de Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín e Monforte de Lemos.

Telemiño
Tipotelevisión local
Data de fundación31 de maio de 1999
SedeOurense
PaísGalicia
Na rede
https://www.teleminho.com/
Facebook: teleminho Twitter: teleminho LinkedIn: telemiño-sa Youtube: UCBM_o2dmUYjuBgBOMcfimFg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Pertence ó grupo La Región, propietario dos xornais Atlántico Diario (Vigo) e La Región (Ourense), así como do diario dixital La Región Internacional e a súa correspondente edición quincenal en papel.

Telemiño empezou a emitir o 31 de maio de 1999 con só dous programas en emisión: un informativo de dez minutos e un parladoiro chamado Largar y Largar.

Antes da primeira emisión regular Telemiño realizou 3 retransmisións en directo: a primeira dende o Teatro Principal de Ourense con motivo da inauguración da tempada do Foro La Región, a segunda dende a Aula de Cultura de Caixanova, e a terceira dende o Parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo da inauguración da sede da empresa de telecomunicacións Egatel.

Evolución

editar

A partir de outubro de 1999 amplíase a produción propia coa aparición de novos programas, como:

  • La Prórroga, presentado por Javier Torres e, posteriormente, por Ricardo Seguín.
  • Entrevistas con Ourense, presentado por Ramón Conde Corbal.
  • Vidas paralelas, presentado por Montse Estévez.
  • La Entrevista de hoy, presentado por Laura Vázquez e, posteriormente, por Quique Rodríguez.
  • La Tertulia
  • Ágora Ourense, presentado por Fina Calleja e, posteriormente, xa baixo o nome de Ourense Actual, por Beatriz Anguiano e por Soledad Parral.
  • Motor Naranja, con Antonio Sabas.
  • Ademais, o informativo Noticias Ourense, presentado e dirixido por Soledad Parral, ampliou a súa duración a 20 minutos.

Noticias Ourense

editar

Os presentadores de Noticias Ourense, durante estes anos, teñen sido, Fina Calleja, Raquel Pérez, Javier de Francisco, Soledad Parral, Aida Otero, Jacobo Cabo, María Álvarez, Laura Nóvoa, Neli Otero, Quique Rodríguez e Laura Vázquez.

Outros programas

editar

Outros programas de produción propia de Telemiño foron:

  • Punto Crítico, presentado por Santiago Rodríguez
  • Boca a Boca, presentado por Paco Gallego. Unha das colaboradoras do programa foi Paula Pérez, concursante da edición española de Gran hermano de 2007.
  • Sin cita previa
  • Diálogos entre dos
  • Las Cuentas Claras, presentado por Beatriz Tejada
  • Xente Nova
  • Xente Maior
  • Sen Barreiras
  • El rompecabezas, presentado por Sonia Torre
  • Código 168, presentado por Soledad Parral
  • Con el sexo, no te cortes, presentado por María Lameiras
  • Dos de cine, presentado por Eduardo Cadavid
  • Más Entrevistas, presentado por Moncho Conde Corbal (segunda parte de "Entrevistas con Ourense")
  • Nova Ourense
  • Cousas de comer
  • Vamos como motos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar