Tamara de Lempicka
Tamara de Lempicka, tamén grafado Łempicka, nada co nome de Tamara Rosalia Gurwik-Górska[1][2] ou Maria Górska[3] en Varsovia o 16 de maio de 1898 e finada en Cuernavaca (México) o 18 de marzo de 1980, foi unha pintora polonesa.
Nome orixinal | (pl) Tamara Łempicka |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Maria Górska 16 de maio de 1898 Varsovia, Polonia |
Morte | 18 de marzo de 1980 (81 anos) Cuernavaca, México |
Lugar de sepultura | Popocatépetl |
Educación | Académie de la Grande Chaumière (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | A Habana Cuernavaca Os Ánxeles Italia París Nova York |
Ocupación | pintora, artista |
Xénero artístico | Retrato, Natureza morta e nudez na arte |
Movemento | Art déco |
Profesores | Maurice Denis (pt) e André Lhote (pt) |
Representante | Artists Rights Society |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Tadeusz Lempicki Raoul Kuffner |
Fillos | Kizette de Lempicka-Foxhall |
Irmáns | Adrienne Gorska |
Descrito pola fonte | Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.399) Obálky knih, Concise Dictionary of Women Artists (en) |
Páxina web | delempicka.org |
Traxectoria
editarNada no seo dunha familia da alta burguesía, estudou nun internado en Lausana (Suíza), en 1914 marcha a vivir a San Petersburgo cunha súa tía. En 1916 casou cun avogado chamado Tadeusz Lempicki en San Petersburgo, Rusia. En decembro de 1917, durante a Revolución rusa, os bolxeviques deteñen ao seu marido, pero ela consegue que o poñan en liberdade e marchan a París, onde ela adopta o nome de Tamara de Lempicka. Estuda arte con Maurice Denis e André Lhote, comeza a expoñer a partir de 1923 e convértese nunha coñecida retratista, desenvolvendo un estilo propio, ás veces denominado cubismo brando, pero que se desenvolve dentro do art déco coas súas texturas e cores frías e duras, gusto pola sensualidade do corpo pero sometido á desintegración xeométrica por medio de círculos e triángulos.
Nas vésperas da segunda guerra mundial, trasládase a Beverly Hills co seu segundo marido, Raoul Kuffner e entra en contacto coas grandes estrelas cinematográficas da época. En 1943 establécense en Nova York. Despois da morte do seu marido en 1962, Tamara trasládase a Houston e comeza a pintar nun novo estilo, que non foi ben recibido e non volveu expoñer máis nunca. En 1978 marchou a vivir a Cuernavaca, México, onde morreu en 1980.
Exposición en Vigo
editarNa primavera de 2007 a Fundación Caixa Galicia presentou na Casa das Artes de Vigo a primeira retrospectiva dedicada na Península Ibérica a Tamara de Lempicka. Durante tres meses foron exhibidos en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, de Europa e Norteamérica, principalmente.[4]
Notas
editar- ↑ "Tamara de Lempicka". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2023-03-04.
- ↑ O seu nome completo de nacemento, de acordo con Claridge (1999), p. 10; e Mori (2011), p. 22. Biographies de Lempicka-Foxhall & Phillips (1987), Néret (2000), Blondel, Brugger, e Gronberg (2004), e Bade (2006); outras fontes referen que o seu nome de nacemento era Maria (e.g., Helena Reckitt, The Art of Feminism: Images that Shaped the Fight for Equality, 1857–2017, 2018, p. 84.
- ↑ "El retrato art decó,Tamara de Lempicka (1898-1980)". Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "Vigo acolle a primeira exposición en España de Tamara de Lempicka". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-03-04.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara de Lempicka |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |