Suppiluliumas II
Suppiluliumas II (Subililiama) (rei hitita sobre -1200 — -1190) fillo de Tudhaliyas IV. Levaba os títulos de Labarnas, Sol meu, Gran rei, Rei de Hatti e Heroe. O seu nome (tal e como aparece nunha carta) en realidade era diferente ao de Suppiluliumas I (Subililiama) pero convencionalmente é citado como Suppiluliumas II.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII a. C. |
Morte | século XII a. C. |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Ehli-Nikkal |
Pai | Tudhaliyas IV |
Irmáns | Arnuwandas III |
Traxectoria
editarAlashiya sublevouse e o rei fixo unha campaña; libráronse tres batallas navais e algunhas máis en terra firme. O rei debeu de gañar a guerra pois ergueu un monumento e instalou un gobernante vasalo.
Unha epidemia de fame superouse grazas ao envío de gran desde Exipto.
Suppiluliumas fixo campaña contra Tarhuntasa segundo unha inscrición. Pero non se sabe a causa da campaña, existindo tres teorías: unha revolta do rei de Tarhuntasa (Kurunta ou un fillo de Kurunta); os primeiros ataques dos pobos do mar; ou rebeldes internos.
Crese que reconquistou Isuwa aos asirios e que o reino se volveu de novo vasalo, pero en todo caso o dominio foi breve.
Os ataques dos Pobos do mar iniciáronse despois do -1200 no oeste das terras hititas. O gran rei pediu a axuda de Ugarit e doutros vasalos (a única fonte é de Ugarit):
- "O inimigo avanza contra nós, e son moi numerosos... todo canto poidas dispoñer, envíanolo".
Ugarit enviou tropas e barcos deixando o seu propio territorio indefenso; pouco despois Ugarit foi atacado por piratas. O rei de Ugarit escribe ao rei de Alashiya:
- "Os barcos do inimigo están aquí, queiman as miñas cidades e pasan cousas diabólicas ao país; como vós sabedes todas as miñas tropas e carros están no país dos hititas e os barcos están en Lukka así que o país está abandonado á súa sorte; os sete barcos inimigos que viñeron de Alashiya fixeron moito dano; se vós vedes algún barco máis do inimigo, facédemo saber".
Unha carta enviada ao rei desde o interior di:
- "As cousas fortes tremen e as frouxas están destruídas; o noso alimento nas eiras foi saqueado ou queimado e as viñas destruídas; a cidade está destruída como vostede sabe" .
Algúns súbditos do rei que se pararon en Alashiya cos seus barcos rendéronse ou tiveron que se render ao inimigo.
Polo que se sabe, os barcos hititas e dos seus aliados serían derrotados. O rei estableceu a liña de defensa coas tropas terrestres en Lawasanda. O xeneral de Ugarit, Sipti Baqal informaba ao seu rei do desastre:
- "a vosa servente foi á posición fortificada de Lawasanda co gran rei, e agora o rei hase retirar e fuxiu, sacrificouse".
Noutra carta un tal Ewir-Sarruma informa á nai do rei de Ugarit que este fuxira da capital e que a situación empeorara; o inimigo estaba en Mukis, ao norte de Ugarit e as terras das montañas Amanus foran destruídas polo inimigo. E engade:
- "Pero aínda que os inimigos me presionen eu non marcharei deixando á miña muller e os fillos fronte ao inimigo".
Cronoloxicamente nunha última carta o rei escribe á súa nai que lle enviase unha mensaxe tanto se os hititas organizan a batalla coma se non o fan.
Despois as cartas acábanse. Conserváronse nun almacén porque a xente da cidade fuxiu e as casas serían saqueadas e algunhas queimadas, pero os almacens de cartas non eran de interese para os saqueadores. A cidade nunca máis foi habitada nin polos antigos habitantes nin polos invasores, e as cartas conserváronse.
A data da caída do Imperio non se pode establecer sen dúbida. Non foi antes do -1185. Unha taboíña de Emar dataría a destrución desta cidade o -1178 e Hattusa foi destruída ao mesmo tempo, pero Hattusa (e a súa rexión) seguramente foi destruída polos kaskas e non polos pobos do mar. Hattusa quedou despoboada ata que moito despois foi repoboada polos frixios. Atopáronse indicios de pobos de mar como pobos establecidos en Tarso e Mersin.
O título de gran rei foi conseguido por Kunzi-Tesub de Karkemish (cinco xeracións despois do seu tataravó Suppiluliumas I)
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Arnuwandas III |
Suppiluliumas II | Precede a: - |
- |