Spain
Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.[1][2]
Spain | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América |
Período | 1993 - ... |
Xénero(s) | Indie rock, slowcore, dream pop, jazz rock, blues rock |
Selo(s) discográfico(s) | Dine Alone Records, Glitterhouse Records, Restless Records |
Membros | Josh Haden |
Antigos membros | Randy Kirk Matt Mayhall Daniel Brummel Evan Hartzell Ken Boudakian Merlo Podlewski |
Na rede | |
www.spaintheband.com | |
Historia
editarO álbum de debut de Spain The Blue Moods of Spain, publicado en setembro de 1995,[1] presentou a canción "Spiritual," que foi versionada por numerosos artistas tales como Johnny Cash, Soulsavers, Sean Wheeler e Zander Schloss, así como polo propio pai de Haden, o músico de jazz Charlie Haden, quen realizou unha versión instrumental co guitarrista de jazz Pat Metheny no seu aclamado álbum de 1997 Beyond The Missouri Sky (Shor Stories).[3] O segundo álbum de Spain She Haunts My Dreams foi gravado en 1999 na illa sueca de Vaxholm, e contén colaboracións do pianista de jazz sueco Esbjörn Svensson, o guitarrista Björn Olsson, e do batería de R.E.M. e Beck Joey Waronker. Este álbum contiña a canción "Every Time I Try" que o director Wim Wenders incluíu no banda sonora de The End of Violence. O terceiro álbum de Spain I Believe foi publicado en 2001, e unha recompilación, Spirituals: The Best of Spain, foi lanzado en 2003.
Despois dun período de inactividade, Haden reformou a banda con membros novos en 2007. Esta formación consistía en Randy Kirk nos teclados e guitarra, Matt Mayhall (de The Both) na batería, e Daniel Brummel en guitarra e coros. En 2012, esta nova equipación publicou The Soul of Spain, o novo álbum de estudio da banda en 13 anos, que contén colaboracións das irmás de Josh, Petra Haden, Rachel Haden e Tanya Haden, agora coñecidas profesionalmente como The Haden Triplets.[4]
The Soul of Spain recibiu boas críticas na prensa europea, e o grupo realizou varias xiras en Europa por Bélxica, Dinamarca, Noruega, Francia, Alemaña, os Países Baixos, Suíza, Italia, España, Portugal e o Reino Unido. Durante este período, Dylan Mckenzie uniuse ao grupo como guitarra acústica, e en 2013, o agrupación da xira gravou The Morning Becomes Eclectic Session, un directo gravado na KCRW, no que tamén colaboran The Haden Triplets. En 2013, Haden, Mayhall, Brummel e Kirk puxéronse a gravar outro álbum de estudio, Sargent Place, que foi producido por Gus Seyffert, mesturado por Darrell Thorp e publicado en Dine Alone Records o 4 de novembro de 2014.[5]
Persoal
editarMembros actuais
editar- Josh Haden (voz, baixo)
Antigos membros
editar- Matt Mayhall (batería)
- Daniel Brummel (guitarra)
- Randy Kirk (teclados, guitarra)
- Dylan McKenzie (guitarra acústica)
- Evan Hartzell (batería)
- Ken Boudakian (guitarra)
- Merlo Podlewski (guitarra)
Discografía
editarÁlbums
editar- The Blue Moods of Spain (Restless Records, 1995)
- She Haunts My Dreams (Restless Records, 1999)
- I Believe (Restless Records, 2001)
- Spirituals: The Best of Spain (Restless Records, 2003)
- Blue Moods Of Spain: A History, Pt. 1 (Diamond Soul Recordings, 2010)
- Blue Moods Of Spain: A History, Pt. 2 (Diamond Soul Recordings, 2011)
- The Soul Of Spain (Glitterhouse Records, 2012)
- The Morning Becomes Eclectic Session (Glitterhouse Records, 2013)
- Sargent Place (Dine Alone/Glitterhouse Records, 2014)[1]
- Carolina (Glitterhouse Records, 2016)
- Live at the Love Song (Live) (Glitterhouse Records, 2017)
- Mandala Brush (Glitterhouse Records, 2018)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 910–911. ISBN 1-84195-017-3.
- ↑ Unterburger, Richie. "Spain biography". AllMusic. Consultado o 1 de xuño de 2012.
- ↑ Records, Glitterhouse (28 de febreiro de 2014). "Glitterhouse Records Artists Page". Glitterhouse Records. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014.
- ↑ Allen, James (14 de maio de 2012). "The Soul Of Spain Album Review". AllMusic. Consultado o 24 de novembro de 2014.
- ↑ "Dine Alone Records Artists Page". Dine Alone Records. 4 de novembro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014.