Soiuz 32
Soiuz 32 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 25 de febreiro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que marcou un récord de permanencia no espazo cos seus 175 días de misión.[2][3][5]
Soiuz 32 | |
---|---|
Selo conmemorativo da Soiuz 32. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 25 de febreiro de 1979, 11:53 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 175,02 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 19 de agosto de 1979, 12:30 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1979-018A |
Masa | 6600,0 kg[2][5][6] |
Características
editarSoyuz 32, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión de longa duración. A tripulación adicouse a facer experimentos e reparacións na estación. Un dos tanques do sistema de propulsión principal da Saliut 6 comezou a sufrir fugas de propelente (UDMH) que a tripulación solucionou baleirandoo e pasando o propelente a tanques intactos despois de facer xirar a estación sobre si mesma nunha complicada manobra para separar o propelente do nitróxeno usado como presurizante e que debido á fuga se atopaban mesturados. O tanque danado foi selado e illado do resto do sistema de propulsión.[2][3][4][5]
A Saliut 6 debía recibir a unha tripulación visitante do programa Interkosmos o 11 de abril viaxando na Soiuz 33, pero un problema no motor principal desta nave impediu que a nave chegara á estación e que a tripulación tivera que volver urxentemente a terra. O problema co motor xerou dúbidas sobre se o motor da Soiuz 32 sufriría da mesma casuística, o que comprometería a misión de Lyakhov e Ryumin, sobre tendo en conta que a súa Soiuz se atopaba cerca do fin dos 90 días que unha nave Soiuz podía permanecer con seguridade no espazo. O control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, non tripulada e con melloras e probas adicionais do motor, para substituír a Soiuz 32. Mentres, o cargueiro Progress 6 chegou á estación o 15 de maio con subministracións e propelente para deixala o 8 de xuño e deixar o porto libre para a Soiuz 34. A Progress 7 chegou o 30 de xuño co radiotelescopio KRT-10 a bordo, desmontado en pezas, e que os cosmonautas ensamblaron ao longo de dúas semanas. A antena do radiotelescopio estaba formada por varios pétalos que debían despregarse ao final da montaxe. No momento do despregue a antena descolocouse, perforando o illante do exterior da estación, quedando atascada no porto e sendo incapaz de desacoplarse da estación, bloqueando o porto desde o que se estaba despregando e interferindo no funcionamento dos motores da estación. Decidiuse intentar desatascala a man mediante un paseo espacial de ambos cosmonautas. Con dificultade conseguiron desatascala e separala da estación, pero os danos á estación xa estaban feitos.[2][3][4][5]
Ryumin e Lyakhov volveron á Terra o 19 de agosto de 1979 ás 12:30 GMT na nave Soiuz 34 e despois de bater o récord de permanencia no espazo.[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 26 April 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-12308). 3 de maio de 1979: 3. Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 32 |