[go: up one dir, main page]

Silifke

vila turca

Silifke (en grego: Σελεύκεια, Seleúkeia; en latín: Seleucia ad Calycadnum) é unha cidade e distrito de Turquía situada nas beiras do río Göksu, no centro-sur da provincia de Mersin, na rexión do Mediterráneo.

Modelo:Xeografía políticaSilifke
Imaxe

Localización
Mapa
 36°22′42″N 33°55′34″L / 36.37826, 33.92606
EstadoTurquía
ProvinciaMersin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación119.303 (2018) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Lefka (en) Traducir
Haßloch
Bergama (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websilifke.bel.tr Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O distrito ocupa unha extensión de 2 571,84 km2 e, no ano 2012, tiña unha poboación de 114 238 habitantes, polo que súa densidade de poboación, nese ano, era de 44 hab./km2

Historia

editar

Silifke chamábase na antigüidade Seleúkeia (grego) e Seleucia ad Calycadnum (latín). Foi citada en ocasións por autores clásicos como Seleucia Cilicia, Seleucia Isauria, Seleucia Trachea ou Seleucia Tracheotis

Foi fundada no século III a.C. por Seleuco I Nicátor, un dos xenerais de Alexandre Magno, co nome de Seleucia.[1]

A cidade, que tiña unha poboación abundante en tempos de Estrabón, foi o berce dos filósofos peripatéticos Ateneo o Mecánico e Xenarco.[2]

  1. Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Seleucia". Na Encyclopædia Britannica. Vol. 24 (11ª ed.). Cambridge University Press, páx. 603.
  2. Mª Paz de Hoz García-Bellido (2003): Estrabón. Geografia. Libros XI-XIV. (Libro XIV,5,4, páx. 562, nota 270). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-2492-373-0.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar