[go: up one dir, main page]

Os Sikorsky S-61L e S-61N son variantes civís do exitoso helicóptero Sikorsky SH-3 Sea King. Os dous modelos atópanse entre os helicópteros de apoio a plataformas petrolíferas e de transporte de pasaxeiros máis amplamente usados.

Sikorsky S-61
S-61N Mk.II de Salvamento Marítimo
Tipohelicóptero mediano de transporte e pasaxeiros
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo11 de marzo de 1959
Introducidosetembro de 1961
Unidades construídas119

Deseño e desenvolvemento

editar

En setembro de 1957 Sikorsky gañou un contrato para a Armada dos Estados Unidos para un helicóptero anfibio de guerra antisubmarina capaz de detectar e atacar submarinos.[1] O prototipo XHSS-2 Sea King voou por vez primeira o 11 de marzo de 1959. A entregas das unidades de produción do HSS-2 (posteriormente designado SH-3A) comezaron en setembro de 1961, estando os primeiros aparellos equipados con dous turboeixos de 930 kW General Electric T58-GE-8B.

Sikorsky desenvolveu rapidamente o modelo comercial do Sea King.[1] O S-61L voou por primeira vez o 2 de novembro de 1961 e era 1,3 metros máis longo que o HSS-2 co obxectivo de poder levar unha boa cantidade de carga ou pasaxeiros. A produción inicial do S-61Ls estaba equipada con dous turboeixos de 1005 kW GE CT58-140, a versión civil do T58. O S-61L ten un tren de aterraxe modificado con estabilizadores flotantes.

Los Angeles Airways foi o primeiro operador civil do S-61,[2] introducíndoo o 11 de marzo de 1962. O East Pakistan Helicopter Service usou tres S-61. O servizo unía 20 cidades do leste de Paquistán, sendo unha das redes comerciais de helicópteros máis grande do seu tempo.[3]

O 7 de agosto de 1962 o S-61N fixo o seu voo de estrea.[1] Aínda que é idéntico ao S-61L, esta versión está optimizada para operacións sobre a auga, particularmente de apoio a plataformas petrolíferas, ao manter os flotadores do SH-3. Tanto o S-61L como o S-61N foron posteriormente actualizados ao stándar Mk II con melloras como os motores máis potentes CT58-110, que lle proporcionaban un maior rendemento, ou amortiguación das vibracións.

O Payloader, unha versión reducida optimizada para traballos de guindastre aéreo, foi o terceiro modelo civil do S-61.[1] O Payloader conta co tren de aterraxe fixo do S-61L, pero cun peso en baleiro de 910 kg menos que o S-61N stándar.

Carson Helicopters foi a primeiro compañía en acurtar un S-61 comercial. A fuselaxe acurtouse 1,3 metros para incrementar o rendemento dun só motor e levar carga externa.[4]

Unha variante única é a conversión S-61 Shortsky dos S-61L e S-61N realizada por Helipro International.[1] VIH Logging foi o cliente de lanzamento da conversión, que realizou o seu primeiro voo en febreiro de 1996.

Unha modificación para o S-61 é o Carson Composite Main Rotor Blade. Estas palas substitúen ás orixinais de metal de Sikorsky, que son propensas á fatiga, e permiten ao aparello levar unha carga adicional de 907 kg, voar 28 km/h máis rápido e incrementar o seu alcance en 113 km.[4]

A última versión é a modernizada S-61T. O Departamento de Estado dos Estados Unidos aninou un acordo de compra por ata 110 unidades para minións de transporte de pasaxeiros e carga para apoiar as súas operacións en todo o mundo. Os dous primeiros S-61 modernizados apoiarán misións da embaixada estadounidense en Afganistán.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003-2004. Aerospace Publications Pty Ltd. pp. 194. ISBN 1-875671-58-7. 
  2. Apostolo, Giorgio (1984). The Illustrated Encyclopedia of Helicopters. Bonanza Books. ISBN 0-517-43935-2. 
  3. "Asia: Choppers over Pakistan". Time. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "About us". Carson Helicopters. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  5. "Sikorsky S-61T™ Multi-mission Helicopter". Aerospace Technology. Consultado o 24 de outubro de 2018.