Shapur I
Shapur I, fillo de Ardashir I (226 – 241), foi rei de Persia do 241 ó 272.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II Firuzabad, Irán (pt) |
Morte | 272 Bishapur, Irán (en) |
Rei do Imperio Sasánida | |
12 de abril de 240 – maio de 270 ← Ardashir I – Hormisda I da Pérsia (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Zoroastrismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Familia | Sassânidas (pt) |
Cónxuxe | unnamed daughter of Mihrak Nadira Cornanzem Domitica |
Fillos | Bahram I da Pérsia () Hormisda I da Pérsia () unnamed daughter of Mihrak Narseh da Pérsia () |
Pais | Ardashir I e Murrode |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Emperador | Ano |
---|---|
Ardashir I | 224 a 241 |
Shapur I | 241 a 272 |
Hormizd I | 272 a 273 |
Bahram I | 273 a 276 |
Bahram II | 276 a 293 |
Bahram III | 293 |
Narseh | 293 a 302 |
Hormizd II | 302 a 310 |
Shapur II | 310 a 379 |
Ardashir II | 379 a 383 |
Shapur III | 383 a 388 |
Bahram IV | 388 a 399 |
Yazdegerd I | 399 a 420 |
Bahram V | 420 a 438 |
Yazdegerd II | 438 a 457 |
Hormizd III | 457 a 459 |
Peroz I | 457 a 484 |
Balash | 484 a 488 |
Kavadh I | 488 a 531 |
Zamasp | 496 a 498 |
Cosroes I | 531 a 579 |
Hormizd IV | 579 a 590 |
Bahram Chobin | 590 a 591 |
Cosrroes II | 591 a 628 |
Kavadh II | 628 |
Ardashir III | 628 a 630 |
Shahrbaraz | 630 |
Purandokht (emperatriz) | 630 a 631 |
Azarmidokht (emperatriz) | 631- |
Hormizd VI | 631 a 632 |
Iazdeguerd III | 632 a 651 |
Proclamado rei, Shapur retomou inmediatamente a loita con Roma. Foi derrotado polas tropas do emperador Gordiano III, un dos varios soberanos e candidatos a soberano que se disputaban o poder no longo período revolto que seguiu á morte de Alexandre Severo.
Conquistou Armenia (expulsando a Tirídates II), invadiu Siria e saqueou Antioquía. O emperador Valeriano decidiuse a marchar contra el, pero foi feito prisioneiro cando intentaba negociar con el (260). Shapur entrou en Asia Menor, pero foi rexeitado por Ballista. Entón entrou en liza Septimio Odenato, príncipe de Palmira, que derrotou ó exército persa, reconquistou Carrhae e Nisibis, chegando mesmo a capturar o harén real.
Shapur non puido recuperarse e perdeu Armenia de novo. Pero segundo a tradición persa e árabe, que parece baseada en feitos reais, conseguiu recuperar a fortaleza de Hatra, no deserto de Mesopotamia, e sobre todo, alcanzou a gloria de ter como refén ó emperador de Roma, feito que non ocorrera nunca ata entón.
No val de Istakhr (preto de Persépole), baixo as tumbas dos aqueménidas en Nakshi Rustam, Shapur aparece representado dacabalo, coa armadura real e a coroa, con Valeriano de xeonllos suplicando a súa compaixón. A mesma escena pódese ver nas ruínas das cidades de Darabjird e Sapor, no actual Irán.
Shapur construíu a gran cidade de Gundev-Sapor, preto da capital aqueménida, Susa, incrementando a fertilidade desta rexión con canles desde o río Karun e muros que construíron escravos romanos que aínda na actualidade se coñecen como a mole do césar.
Baixo o seu reinado o profeta Mani, fundador do maniqueísmo, empezou a predicar en Persia, e pénsase que o mesmo Shapur era favorable ás súas ideas.