Sextans
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sextans (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sextante (homónimos).
Sextans ou Sextante[1] é unha constelación menor do sur que foi inserida no século XVII por Johannes Hevelius. Inseriuna en lembranza polo instrumento que perdera nun incendio. Está situada entre Leo e Hydra e non é unha constelación particularmente brillante. Non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
Sextans | |
---|---|
Nome latino | Sextans |
Abreviatura | Sex |
Xenitivo | Sextantis |
Simboloxía | O Sextante |
Ascensión recta | 10 h |
Declinación | 0° |
Área | 314 graos cadrados
Rango 47º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Sex
(magnitude ap. 4,49) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +80° e −80°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril | |
Estrelas principais
editar- α Sextantis, estrela xigante branca, a máis brillante da constelación con magnitude aparente 4,48.
- β Sextantis, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum cun brillo que oscila entre magnitude 5,00 e 5,10.
- γ Sextantis, sistema estelar triplo de magnitude conxunta 5,07. As dúas compoñentes principais son estrelas brancas da secuencia principal.
- ε Sextantis, xigante amarela de magnitude 5,25.
- SS Sextantis (25 Sextantis), variable Alfa2 Canum Venaticorum de magnitude 5,93 que amosa unha pequena variación no seu brillo de 0,04 magnitudes.
- LHS 292, anana vermella e estrela fulgurante nas proximidades do sistema solar.
Obxectos notables do espazo profundo
editar- Galaxia HD1, o obxecto máis distante observado, descuberta en abril de 2022.
- Galaxia elíptica NGC 3115 ou Galaxia de Spindle, de magnitude 9, que se ve aplanada coa forma dun lente.
- Galaxia Anana de Sextans, de magnitude 12, galaxia satélite da Vía Láctea que forma parte do Grupo Local.
- Sextans A, outra galaxia anana máis distante, nos límites do Grupo Local.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sextans |
Bibliografía
editar- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.