Severino Nóvoa Gutiérrez
Severino Nóvoa Gutiérrez, nado en Ourense cara a 1911 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 Ourense, España |
Morte | 11 de outubro de 1937 (25/26 anos) Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, xornalista |
Traxectoria
editarCamareiro e militante das Xuventudes Socialistas de Ourense. Foi presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares de Ourense afiliada á UGT. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.[1] Foi director do periódico antifascista Espartaco.[2] Interveu no mitin de Maceda na campaña da Fronte Popular en abril de 1936,[3] e no mitin do Primeiro de Maio dese ano en Ourense con Luis Acuña Nóvoa e Adriano Romero Cachinero.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na reunión celebrada no Goberno Civil de Ourense para organizar a resistencia. Fuxiu e agochouse na casa do seu avó José María Nóvoa en Sabadelle, onde foi detido na madrugada do 16 de marzo de 1937.[5][6] Acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e transcendencia, foi xulgado en consello de guerra o 23 de xullo de 1937,[7] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.[8]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.
Ligazóns externas
editar- Severino Nóvoa Gutiérrez en Ourense Socialista.