Sestercio
O sestercio (sestertius, en latín) era unha antiga moeda romana. No período histórico da República era unha pequena moeda de prata, converténdose nunha moeda grande de bronce durante o Imperio (mais máis tarde volveuse cuñar nunha dobre serie de bronce e latón de 54,5 e 27,2 gramos respectivamente).[1][2]
O nome provén das palabras latinas semis ("medio") e tres ("tres"), isto é, "medio terceiro", xa que valía dous ases e medio. Adoitaba ir marcado coas letras LLS (duae librae et semis, "dúas libras e medio ás"), rememorando as libras, ou tamén con I·IS ou HS.[3][4]
Historia
editarO sestercio foi creado cara ao 211 a. C. como unha pequena moeda de prata que valía un cuarto de denario e, polo tanto, unha centésima parte dun áureo). Cando o valor do denario foi reaxustado a 16 ases, o sestercio tamén sufriu un reaxuste, pasando a valer 4 ases (mantendo, polo tanto a paridade equivalente a un cuarto de denario.[5]
Forma parte do novo sistema monetario introducido no ano 212 a. C. que substituíu o cobre como patrón monetario baseado no ás. Este novo sistema monetario estaba formado ademais do sestercio, polo denario, polo quinario e polo ás, co seguinte cadro de equivalencias:
Equivalencias entre moedas romanas | |||||
Denario | Quinario | Sestercio | Ás | Metal | |
---|---|---|---|---|---|
Denario (símbolo X) | 1 | 2 | 4 | 10 | |
Quinario (símbolo V) | 1/2 | 1 | 2 | 5 | |
Sestercio (símbolo IIS) | 1/4 | 1/2 | 1 | 2,5 | |
Ás (símbolo I) | 1/10 | 1/5 | 2/5 | 1 |
No 23 a.C., a reforma monetaria de Augusto transformou o sestercio nunha moeda grande de bronce; do mesmo xeito que o dupondio, estaba feito cunha liga dourada chamada oricalco. O salario medio dun obreiro da época podía oscilar entre os 700 e os 2.000 sestercios ao ano. Circulou ata mediados do século III d.C.[6]
Xa cara ao final do Imperio, no marco da forte desvalorización da moeda producida no século III, apareceu no seu lugar, con escaso éxito, o dobre sestercio, que foi emitido durante os reinados de Traxano Decio (249-251), pola súa esposa Herenia Etruscila (249-251) e por Póstumo (259-268).[7][8]
Notas
editar- ↑ "Sestercio" no DRAG e no Portal das Palabras.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Sestercio (1)".
- ↑ "Sestertius". En Algunos tipos de monedas antiguas.
- ↑ "Sestertius". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ "Fractions of the denarius: sestertius". En Roman bronze coins. www.moneta-romanae.com
- ↑ "Sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas.
- ↑ "Doble sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.
- ↑ Vagi, David L. (2001). "Double sestertius".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sestercio |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley. 1985. ISBN 0-520-05506-3.
- Sellars, I. The Monetary System of the Romans. 2013.
- Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163
Ligazóns externas
editar- "Sestertius". Descricións e fotografías en Coin Archives.
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.