[go: up one dir, main page]

Saba (téxtil)

lenzo grande para vestir o leito

Unha saba é cada unha das dúas pezas de tea, de forma rectangular, que se colocan sobre o colchón para deitarse entre elas[1].

Sabas brancas nunha cama.

O lenzo pode ser de cotón, liño ou algún material sintético. As sabas foron tradicionalmente brancas, mais agora utilízanse cores e deseños moi variados: estampadas, dunha soa cor e mesmo incluíndo imaxes temáticas ou personaxes populares, o que é habitual para leitos infantís.

As sabas son máis grandes ca a cama polo que poden ser metidas por baixo do colchón para que se manteñan no seu sitio durante o seu uso. A súa función é hixiénica e de confort ao ter un tacto máis lene ca o resto de roupa de cama. As sabas son lavábeis, o que se fai periodicamente.

Un xogo de sabas inclúe:

  • Unha saba baixeira é a que se pon derriba do colchón para protexelo. Pode ser:
    • Estándar.
    • Axustábel, nese caso conta con elásticos nos ángulos para axustala con facilidade ao colchón.
  • Unha saba cimeira, é a que se coloca por riba da anterior, por baixo do cobertor. Caracterízase polo deseño particular dun dos extremos que actuará de embozo, quedando polo tanto á vista.
  • Aínda non sendo unha saba, a funda do traveseiro adoita venderse en conxunto coas pezas anteriores para harmonizar en deseño.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar