San Xoán de Laíño, Dodro
parroquia civil do concello de Dodro
San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 968 habitantes (474 homes e 494 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.168 habitantes.
San Xoán de Laíño | |
---|---|
A Cruz de Avelán. | |
Concello | Dodro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°42′54″N 8°43′13″O / 42.7149, -8.7204 |
Área | 17,18 km² |
Poboación | 968 hab. (2013) |
Densidade | 56,34 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cruz do Avelán atópase a un quilómetro da igrexa de san Xoán, indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. En Imo está o petróglifo de Bouza Abadín.
Laíño na literatura popular
editar- Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [2].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de San Xoán de Laíño, Dodro.
-
Cruceiro de Teaio.
-
Muíño da Devesa.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Xoán de Laíño
editarLugares da parroquia de San Xoán de Laíño no concello coruñés de Dodro | |
---|---|
Parroquias de Dodro
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro | |
---|---|
Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo.