San Miguel de Negradas, O Vicedo
San Miguel de Negradas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes.
San Miguel de Negradas | |
---|---|
Capela de San Roque | |
Concello | O Vicedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°42′48″N 7°40′42″O / 43.713333333333, -7.6783333333333 |
Poboación | 172 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada no extremo noroeste da provincia de Lugo, lindando coa ría do Barqueiro e co concello de Mañón. Rexístranse poboamentos xa desde a época prerromana, incluído un castro na illa de San Martiño. Foi concello independente ata mediados do século XIX.
Patrimonio
editarTivo tres conventos, un feminino en San Paio (na zona montañosa da parroquia), outra no Mosteiro (de onde vén o nome que ten) e o terceiro na illa de San Martiño. En San Roque (antigamente chamado Santa Mariña), hai unha capela dedicada a ese santo.
Notas
Lugares e parroquias
editarLugares de San Miguel de Negradas
editarLugares da parroquia de San Miguel de Negradas no concello do Vicedo (Lugo) | |
---|---|
Alpuxarras | A Áspera | A Barreira | Chelo | Crecide | Creximil | A Fonte | Francos | A Gándara | A Gatariza | Marcos | Monte de Insua | O Morgallón | O Mosteiro | Muro Novo | Noche | A Poceira | O Redondo | Salgueiros | San Roque | O Xurbal |