Santiago Cañizares
José Santiago Cañizares Ruiz, nado en Puertollano (Cidade Real) o 18 de decembro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) José Santiago Cañizares Ruiz 18 de decembro de 1969 (54 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Cañete | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, presentador de televisión, piloto de rally | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1989 - 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Lucas Cañizares | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarMoita xente cre que naceu en Madrid, aínda que dende pequeno viviu na localidade manchega de Puertollano, o cal non é exacto. Dende ben pequeno comezou xogando no Severo Ochoa, pero aínda que o facía en todas as posicións, onde mellor se sentía era baixo os paus. O seu adestrador Eduardo Caturla foi o que o animou para que ingresara nas categorías inferiores do Real Madrid con só 16 anos.
Máis tarde foi pasando por diversos equipos: Elche CF (1990), CP Mérida (1991) e Celta de Vigo (1992); este último foi o equipo que o impulsou na súa carreira profesional. O 6 de setembro de 1992 debutou na Primeira División.
Na tempada 1994–95 tivo que volver ao equipo merengue, onde primeiro foi suplente de Paco Buyo e despois na temporada 1996–97 trala chegada de Fabio Capello, Illgner pechoulle a porta á titularidade. Aínda así logrou a Liga de Campións no ano 1998. Cando chegou a oferta do Valencia CF no verán do mesmo ano 1998, non soubo rexeitala. Co equipo "ché" gañou a liga na tempada 2003–04, gañando nesa mesma tempada unha Supercopa de España, unha Copa da UEFA e unha Supercopa de Europa.
Selección de fútbol
editarFoi internacional coa selección española nun total de 44 ocasións. O seu debut produciuse o 17 de novembro de 1993 nun decisivo partido en Sevilla ante a selección de Dinamarca na cal España xogaba a súa clasificación para o mundial de Estados Unidos 1994. O porteiro titular foi Andoni Zubizarreta pero debido a súa expulsión, Cañizares tivo que entrar no campo, sendo un dos xogadores determinantes do partido parando un penalti, conseguindo así a clasificación de España para o Mundial dos Estados Unidos.
Foi convocado para os mundiais de 1994, 1998 (nos que só disputou o primeiro partido do mundial de 1994 debido a sanción de Zubizarreta) e para o de 2002 no que se perfilaba como titular pero do que o apartou un curioso accidente doméstico cun frasco de colonia.
Posteriormente foi convocado tamén para as Eurocopas de 1996, 2000 e 2004.
Tamén foi convocado para o Mundial de Alemaña 2006.
Gardameta
editarA nivel individual gañou 4 trofeos Zamoras, o que o coloca como segundo mellor porteiro da historia da liga española só por detrás de Ramallets, ó que estivo a punto de igualar na tempada 2005–06, pero perdeu o Zamora no último partido.
Santiago Cañizares ademais de ser o autor dalgunhas das paradas máis expectaculares da historia do fútbol, destácase por unha especialidade moi particular, parar penaltis. Parou 14 penaltis en partidos oficiais, todo un récord.
Rally
editarEn 2010 competiu por primeira vez nunha proba puntuable para o Campionato de España de Rallys, no Rally Sierra Morena, cun Suzuki Swift e levando de copiloto a Dani Cué. En 2011 formou parte do equipo Suzuki Ibérica Motor Sport co que segue pilotando un Suzuki Swift co mesmo copiloto. Ademais, tamén participa en probas de rally clásicos.
Vida privada
editarNo verán de 1992 casou coa súa primeira muller Marina Conchello Estébanez, coa que tivo tres fillos (Carlota, Lucas e Olivia) e estivo casado 15 anos. No verán de 2008 casou con Mayte García[1], coa que tivo a Sofía e aos trixemelgos India, Martina e Santi[2].
Notas
editar- ↑ "Hola, de 6/7/2008.". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2012. Consultado o 27/02/2015.
- ↑ El Mundo, de 22/2/2013.