Santa Coloma de Cervelló
Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Baix Llobregat | ||||
Capital | Santa Coloma de Cervelló (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.393 (2023) (1.119,07 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 13 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7,5 km² | ||||
Bañado por | Río Llobregat e canal de la Dreta del Llobregat (en) | ||||
Altitude | 73 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Roque de Montpellier | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Anna Martínez Almoril (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08690 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08244 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082444 | ||||
Sitio web | santacolomadecervello.cat |
O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.
Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Coloma de Cervelló |