Rutelinae é unha subfamilia de escaravellos da familia Scarabaeidae. É un grupo moi diverso; distribuído pola maior parte do mundo, que contén uns 200 xéneros cunhas 4.000 especies descritas distribuídas en 7 tribos. Algunhas clasificacións recentes inclúen a tribo Hopliini, pero isto non é xeralmente aceptado.[1][2]
A diferenza dalgúns dos seus parentes, o seu hábito carece normalmente de ornamentacións, como cornos. Lembran aos Melolonthinae por ser bastante plesiomórficos na súa aparencia externa. Porén, moitas especies teñen cores con tons rechamantes ou iridescentes, como o xénero Chrysina. Varias especies son graves pragas; por exemplo Popillia japonica.