[go: up one dir, main page]

Aeroporto de Roma-Ciampino

(Redirección desde «Roma-Ciampino»)

O Aeroporto de Roma–Ciampino (oficialmente e en italiano: Ciampino–Aeroporto Internazionale G. B. Pastine) (IATA: CIAOACI: LIRA) é un aeroporto civil e militar nas proximidades de Roma, en Italia. O aeroporto está situado a 12 km ao suroeste do centro de Roma, xusto fóra da Grande estrada de Circunvalación (en italiano: Grande Raccordo Anulare ou GRA) a autoestrada circular que rodea a cidade.

Aeroporto de Roma–Ciampino
Ciampino–Aeroporto Internazionale G. B. Pastine

IATA: CIA – ICAO: LIRA
Sumario
Tipo Público e militar
Operador Aeroporti di Roma
Cidade/Illa Roma / Cidade do Vaticano
Localización Roma, Italia
Elevación (msnm) 238 metros / 782 pés
Coordenadas
Web adr.it
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
15/33 2 208 7 244 asfalto
Estatísticas (2013)
Número de pasaxeiros 4 749 251
Movemento de aeronaves 46 365

O aeroporto de Ciampino foi inaugurado en 1916 e trátase dun dos aeroportos máis antigos en funcionamento. Foi o principal aeroporto de Roma até 1960, cun tráfico de pasaxeiros superior aos 2 millóns anuais. Tras a apertura do Aeroporto de Roma–Fiumicino, Ciampino serviu principalmente a voos chárter e executivos.

O aeroporto leva o nome de Giovan Battista Pastine, un piloto de avións que combateu na primeira guerra mundial.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Ryanair Atenas, Beauvais, Berlín-Schönefeld, Bordeos, Bratislava, Bucarest, Budapest, Cagliari, Charleroi, Colonia/Bonn, Comiso, Copenhague, Dublín, East Midlands, Edimburgo, Eindhoven, Hahn, Karlsruhe/Baden-Baden, Cracovia, Lisboa, Londres-Stansted, Lourdes, Madrid, Malta, Manchester, Marrakesh, Nürnberg, Porto, Poznań, Praga, Rabat, Santander, Sofía, Estocolmo-Skavsta, Tesalónica, Trieste, Valencia, Vilnius, Varsovia-Modlin, Weeze, Wrocław
Estacional: Billund, Chania, Gotemburgo, Eivisa, Palma de Mallorca, Paphos, Prestwick
Wizz Air Bacău (remata o 29 de xaneiro de 2023), Cluj-Napoca, Craiova, Iași, Skopje, Sofía

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar