Rita Moreno
Rosa Dolores Alverío[1], nada en Humacao o 11 de decembro de 1931 é unha actriz portorriqueña, coñecida como Rita Moreno. É unha das poucas persoas que gañou os catro principais premios estadounidenses do mundo do espectáculo, Oscar, Tony, Emmy e Grammy.[2]
Traxectoria
editarCoñecida cando nena como "Rosita", mudouse coa súa nai a Nova York en 1936, adoptando o apelido do seu primeiro padrasto. Pouco despois comezou as clases de baile con "Paco Cansino", familiar de Rita Hayworth.[3] Con once anos puxo a súa voz en versións en castelán de filmes estadounidenses. Debutou en Broadway con trece anos.
Comezou a actuar no cinema en 1952 e en 1961 interpretou a Anita no filme West Side Story, personaxe que interpretara Chita Rivera en Broadway. Por este papel gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. A pesar do éxito seguiu recibindo papeis estereotipados de latina.[4]
Entre 1971 e 1977 participou no programa infantil The Electric Company interpretando varios personaxes, especialmente Millie the Helper. Ademais de pequenos papeis noutras series, interpretou unha das protagonistas da serie Nine to Five a principios da década de 1980.
A mediados da década seguinte foi a voz de Carmen Sandiego na serie animada Where on Earth is Carmen Sandiego?.[5]
Filmografía
editarAno | Título |
---|---|
1950 | So Young So Bad |
1950 | The Toast of New Orleans |
1950 | Pagan Love Song |
1952 | The Ring |
1952 | Singin' in the Rain |
1952 | The Fabulous Senorita |
1952 | Cattle Town |
1953 | Fort Vengeance |
1953 | Ma and Pa Kettle on Vacation |
1953 | Latin Lovers |
1953 | El Alaméin |
1954 | Jivaro |
1954 | The Yellow Tomahawk |
1954 | Garden of Evil |
1955 | Untamed |
1955 | Seven Cities of Gold |
1956 | The Lieutenant Wore Skirts |
1956 | The King and I |
1956 | The Vagabond King |
1957 | The Deerslayer |
1960 | This Rebel Breed |
1961 | West Side Story |
1961 | Summer and Smoke |
1963 | Cry of Battle |
1968 | The Night of the Following Day |
1969 | Popi |
1969 | Marlowe |
1971 | Carnal Knowledge |
1976 | The Ritz |
1977 | Voodoo Passion |
1978 | The Boss' Son |
1980 | Happy Birthday, Gemini |
1981 | The Four Seasons |
1991 | Age Isn't Everything |
1993 | Italian Movie |
1994 | I Like It Like That |
1995 | Angus |
1998 | Slums of Beverly Hills |
1999 | Carlo's Wake |
2000 | Blue Moon |
2001 | Piñero |
2003 | Casa de los Babys |
2004 | King of the Corner |
2006 | Play It By Ear |
2014 | Six Dance Lessons in Six Weeks |
Notas
editar- ↑ "SAG Awards 2014: Rita Moreno receives lifetime achievement award"; New York Times
- ↑ Nicole Lyn Pesce; Joe Dziemianowicz and Margaret Eby (3 de marzo de 2014). New York Daily News, ed. "Oscars 2014: Bobby Lopez becomes youngest person to get an EGOT with Best Original Song win for 'Let It Go'". Consultado o 6 de marzo 2014.
- ↑ Entrevista a Rita Moreno no 2000.
- ↑ "Rita Moreno overcame Hispanic stereotypes to achieve stardom". Miami Herald. 14 de setembro de 2008. Consultado o 10 de setembro de 2011.
- ↑ Mangan, Jennifer (4 de maio de 1994). "Educating Rita". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 2 de outubro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rita Moreno |
Ligazóns externas
editar- Rita Moreno na IMDb (en inglés).
- Vídeo