[go: up one dir, main page]

Rhynia
Rango fósil: Devónico inferior

Reconstrución de Rhynia gwynne-vaughanii, redebuxada a partir de Kenrick & Crane (1997:101)[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Clado: Traqueófitas

Subdivisión: †Rhyniophytina

Clase: Rhyniopsida
Orde: Rhyniales
Familia: Rhyniaceae
Xénero: Rhynia
Kidst. & W.H.Lang (1917)
Especie tipo
R. gwynne-vaughanii
Kidst. & W.H.Lang (1917)
Especies
  • R. gwynne-vaughanii

Rhynia é un xénero de plantas vasculares extintas do Devónico, que consta dunha soa especie, Rhynia gwynne-vaughanii. O exemplar co que se describiu esta especie era o esporófito[2] dunha planta terrestre vascular, axial, embriófita diplohaplonte produtora de esporas do Devónico temperán que tiña características anatómicas máis avanzadas que as briófitas. Rhynia gwynne-vaughanii pertencía a un grupo irmán de todas as outras traqueófitas, que inclúen as plantas vasculares modernas.

Descrición

editar

Rhynia gwynne-vaughanii foi descrita como nova especie por Robert Kidston e William H. Lang en 1917.[3] A especie só se coñece polos espécimes fósiles atopados no chert de Rhynie en Aberdeenshire, Escocia, onde vivía preto dunha fonte termal rica en sílice. Rhynia era unha planta vascular que vivía en asociación con outras plantas vasculares como Asteroxylon mackei, un probable devanceiro das Lycopsida modernas, e con plantas prevasculares como Aglaophyton major, que se interpreta como basal ás verdadeiras plantas vasculares.[4]

 
Sección transversal dun talo de Rhynia gwynne-vaughanii, Devónico inferior, chert de Rhynie

Rhynia pénsase que tiña ramas laterais caducas que utilizaba para dispersarse lateralmente sobre o substrato[5][6] e as poboacións da planta podían ser, por tanto, clónicas.

Evidencias da xeración gametofítica de Rhynia foron descritas como penachos densos de diminutos talos de só uns poucos milímetros de altura, aos que se lles dera o nome xenérico de Remyophyton delicatum.[7] Como os de Aglaophyton major,[8][9] Horneophyton lignieri[10] e Nothia aphylla,[11] os gametófitos de Rhynia eran dioicos, porque tiñan á vez gametanxios masculinos e femininos (anteridios e arquegonios) en diferentes eixes. Un descubrimento salientable é que os eixes dos gametófitos eran vasculares, a diferenza de case todos os gametófitos das pteridófitas modernas excepto o de Psilotum.[12]

Taxonomía

editar

Inicialmente, R. Kidston and W. H. Lang describiron dúas especies de Rhynia do xacemento do chert de Rhynie: R. gwynne-vaughnii en 1917,[3] e R. major en 1920.[13] R. gwynne-vaughanii foi nomeada por estes dous autores en honra do seu anterior amigo e colega o botánico David Thomas Gwynne-Vaughan.[3] O nome do xénero procede do topónimo do xacemento fósil, Rhynie.

Porén, un estudo do tecido vascular de ambas feito por David S. Edwards en 1986 levou á conclusión de que as paredes celulares das células condutoras de auga de R. major carecían das barras de engrosamento secundario observadas no xilema de R. gwynne-vaughanii, e eran máis ben como hidroides condutores de auga como os dos sporófitos dos musgos. A súa conclusión foi que R. gwynne-vaughanii pertence ás plantas vasculares, mentres que R. major pertence ás briófitas. En consecuencia, transferiuna a un novo xénero co nome Aglaophyton, deixando R. gwynne-vaughnii como a única especie coñecida de Rhynia.[14] Rhynia é o xénero tipo das riniófitas, establecidas como subdivisión de Rhyniophytina por Banks,[15] pero desde entón tratada como varias posibles categorías taxonómicas.

Filoxenia

editar

En 2004, Crane et al. publicaron un cladograma para as poliesporanxiófitas, no cal Rhynia e as outras Rhyniaceae estaban situadas como plantas vasculares (traqueófitas) basais.[16] Velaquí o cladograma:

poliesporanxiófitas

Horneophytopsida

Aglaophyton

Tracheophyta
Rhyniaceae

Huvenia

Rhynia

Stockmansella

Eutracheophytes

Lycopodiophytina e grupos troncais (stem groups)

Euphyllophytina

  1. Kenrick, P.; Crane, P.R. (1997). The origin and early diversification of land plants : a cladistic study. Washington & London: Smithsonian Institution Press. ISBN 978-1-56098-729-1.  Fig. 4.8, p. 101.
  2. Edwards, D.S. (1980). "Evidence for the sporophytic status of the Lower Devonian plant Rhynia gwynne-vaughanii Kidston and Lang". Review of Palaeobotany and Palynology 29: 177–188. doi:10.1016/0034-6667(80)90057-3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kidston, R.; Lang, W.H. (1917). "On Old Red Sandstone plants showing structure from the Rhynie chert bed, Aberdeenshire. Part I. Rhynia gwynne-vaughanii, Kidston and Lang". Transactions of the Royal Society of Edinburgh 5 (3): 761–784. doi:10.1017/s0080456800008991. 
  4. Edwards, D.S. (1986). "Aglaophyton major, a non-vascular land-plant from the Devonian Rhynie chert". Botanical Journal of the Linnean Society 93 (2): 173–204. doi:10.1111/j.1095-8339.1986.tb01020.x. 
  5. Bateman, R.M.; Crane, P.R.; Dimichele, W.A.; Kenrick, P.R.; Rowe, N.P.; Speck, T.; Stein, W.E. (1998). "Early Evolution of Land Plants: Phylogeny, Physiology, and Ecology of the Primary Terrestrial Radiation". Annual Review of Ecology and Systematics 29 (1): 263–292. doi:10.1146/annurev.ecolsys.29.1.263. 
  6. Edwards, D.S. (1980). "Evidence for the sporophyte status of the Lower Devonian plant Rhynia gwynne-vaughnii Kidston and Lang". Review of Palaeobotany and Palynology 29: 177–188. doi:10.1016/0034-6667(80)90057-3. 
  7. H. Kerp, N.H. Trewin and H. Hass (2004) New gametophytes from the Early Devonian Rhynie chert. Transactions of the Royal Society of Edinburgh, Earth Sciences, 94, 411–428
  8. Remy, W.; Hass, H. (1996). "New information on gametophytes and sporophytes of Aglaophyton major and inferences about possible environmental adaptations". Review of Palaeobotany and Palynology 90 (3–4): 175–193. doi:10.1016/0034-6667(95)00082-8. 
  9. Remy, W.; Remy, R (1980). "Lyonophyton rhyniensis n. gen. et nov. spec., ein Gametophyt aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon,Schottland)". Argumenta Palaeobotanica 6: 37–72. 
  10. Remy, W.; Hass, H. (1991a). "Langiophyton mackiei nov. gen., nov. spec., ein Gametophyt mit Archegoniophoren aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon Schottland)". Argumenta Palaeobotanica 8: 69–117. 
  11. Remy, W.; Hass, H. (1991b). "Kidstonophyton discoides nov. gen. nov. spec., ein Gametophyt aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon, Schottland". Argumenta Palaeobotanica 8: 29–45. 
  12. Holloway, J.E. (1939). "The gametophyte, embryo and young rhizome of Psilotum triquetrum Schwarz". Annals of Botany 3 (2): 313–336. doi:10.1093/oxfordjournals.aob.a085063. 
  13. Kidston, R.; Lang, W.H. (1920). "On Old Red Sandstone plants showing structure, from the Rhynie Chert Bed, Aberdeenshire. Part II. Additional notes on Rhynia gwynne-vaughani, Kidston and Lang; with descriptions of Rhynia major, n.sp. and Hornea lignieri, n.g., n.sp". Transactions of the Royal Society of Edinburgh 52 (3): 603–627. doi:10.1017/s0080456800004488. 
  14. Edwards, David S. (1986). "Aglaophyton major, a non-vascular land-plant from the Devonian Rhynie Chert". Botanical Journal of the Linnean Society 93 (2): 173–204. doi:10.1111/j.1095-8339.1986.tb01020.x. 
  15. Banks, H.P. (1975). "Reclassification of Psilophyta". Taxon 24 (4): 401–413. JSTOR 1219491. doi:10.2307/1219491. , cited in Banks, H.P. (1980). "The role of Psilophyton in the evolution of vascular plants". Review of Palaeobotany and Palynology 29: 165–176. doi:10.1016/0034-6667(80)90056-1. 
  16. Crane, P.R.; Herendeen, P.; Friis, E.M. (2004). "Fossils and plant phylogeny". American Journal of Botany 91 (10): 1683–99. PMID 21652317. doi:10.3732/ajb.91.10.1683.