[go: up one dir, main page]

Defínese como reflexión o fenómeno que explica o motivo pola cal unha onda é reflectida. Na existencia normal dunha onda cun obstáculo hai reflexión, absorción e transmisión, isto último, cando a onda é capaz de traspasar o obxecto obstáculo. Unha onda reflíctese (rebota e volve ao medio do cal provén) cando se encontra cun obstáculo que non pode traspasar nin rodear.

Características

editar

O tamaño do obstáculo e a lonxitude de onda determinan se unha onda rodea o obstáculo ou se se reflicte na dirección da que proviña.

Se o obstáculo é pequeno en relación coa lonxitude de onda, o son circunvarao (difracción), mais, se é ao revés, un obstáculo grande, o son reflíctese (reflexión).

Se a onda se reflicte, o ángulo da onda reflectida é igual ao ángulo da onda incidente, de modo que se unha onda sonora incide perpendicularmente sobre a superficie reflectinte, volve sobre si mesma.

A reflexión non actúa igual sobre as altas frecuencias que sobre as baixas. A lonxitude de onda das baixas frecuencias é moi grande (pode chegar aos 18 metros), polo que son capaces de rodear a maioría de obstáculos; en cambio as altas frecuencias non rodean os obstáculos polo que se producen reflexión, que provocan sombras detrás dos obxectos.

Acústica

editar

Na acústica, esta propiedade das ondas é amplamente coñecida e aproveitada. Non só para illar, senón tamén para dirixir o son cara ao auditorio mediante placas reflectoras (reflectores e tornavoces).

 
A liña amarela é o son directo, as outras liñas son algunhas das primeiras reflexións.

Fenómenos relacionados coa reflexión

editar
  • As ondas estacionarias. Unha onda estacionaria prodúcese pola suma dunha onda e a súa onda reflectida sobre un mesmo eixe. Dependendo como coincidan as fases da onda incidente e da reflectida, produciranse modificación no son (aumenta a amplitude ou diminúe), polo que o son resultante pode resultar desagradable. En determinadas circunstancias, a onda estacionaria pode facer que a sala entre en resonancia.
  • O eco. O sinal acústico orixinal extinguiuse, pero aínda non é devolto o son en forma de onda reflectida. O eco explícase porque a onda reflectida chéganos nun tempo superior ao da persistencia acústica.
  • A reverberación. Prodúcese reverberación cando as ondas reflectidas chegan ao oínte antes da extinción da onda directa, é dicir, nun tempo menor que o de persistencia acústica do oído.