[go: up one dir, main page]

Rede mundial de xeoparques

A Rede Mundial de Xeoparques da UNESCO (en inglés UNESCO Global Geoparks), é unha rede coordinada pola UNESCO que ten por obxecto promover e conservar a herdanza xeolóxica do planeta, así como promover unha investigación e desenvolvemento sustentable.[1][2][3] Esta rede foi fundada no 1998 como unha entidade asociada á UNESCO co nome en inglés Global Geoparks Network e foi xestionada pola división das Ciencias Ecolóxicas e Terrestres da UNESCO. En 2015 foi redeseñada ao se crear o "Programa Internacional de Xeociencias e Xeoparques"[4] e integrándoa dentro da UNESCO.[3][5]

A rede

editar
 
A distribución global dos xeoparques en 2014.

A rede internacional procura a adhesión de membros que lideren a creación de xeoparques, áreas xeográficas onde a herdanza xeolóxica se lle preste atención, se forme sobre ela e se protexa.

A UNESCO estableceu unha serie de criterios para a declaración dun xeoparque, despois de ser proposto polo goberno que lle competa, para ser incluído na rede mundial de xeoparques:

  • A existencia dun plan de xestión deseñado para promover o desenvolvemento socio-económico local, e case seguro, baseado no agroturismo e o xeoturimo;
  • A demostración de métodos para a conservación e promoción da cultura xeolóxica, cun esforzo de apoio á formación xeocientífica e ambientais relacionadas coa anterior;
  • A proposta conxunta de autoridades públicas, comunidades locais e entes privados, e con interese de colaborar en conxunto para promover a conservación, a difusión e as estratexias de desenvolvemento local.

Cada ano ou cada dous anos avalíanse se estes criterios de cumpren por parte dun comité dos xeoparques, que se reúne na Conferencia Internacional de Xeoparques, e se engaden novos espazos e se fai un seguimento dos xa aprobados. A primeira xuntanza do comité celebrouse no 2004 e continúan a se reunir desde entón.

A rede traballa en conxunto con outros programas da UNESCO, como a responsable das Programa sobre o Home e a Biosfera, que segue as Redes da Biosfera. Con iso promove o desenvolvemento local sostible grazas a interacción das comunidades locais cos espazos naturais nos que habitan.

En 2019 foran aprobados polo comité de seguimento un total 147 xeoparques en 41 estados.[6]

  1. Lesvos Petrified Forest Geopark (Greece) (2006). Global Geoparks Network (en inglés). p. 6. 
  2. UNESCO (eds.). "UNESCO Global Geoparks". 
  3. 3,0 3,1 "Global Geoparks Network: About GGN". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  4. En inglés, International Geoscience and Geoparks Programme - IGGP
  5. UNESCO, eds. (17/11/2015). "UNESCO gives Global Geoparks a new label". 
  6. UNESCO (eds.). "List of UNESCO Global Geoparks (UGGp)". Consultado o 20/8/2019. 

Véxase tamén

editar