Rebón, Moraña
parroquia civil do concello de Moraña
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rebón.
San Pedro de Rebón é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 412 habitantes (215 mulleres e 197 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.
Rebón | |
---|---|
Concello | Moraña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°33′19″N 8°36′14″O / 42.55527778, -8.60388889 |
Poboación | 349 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa de San Pedro de Rebón é do século XII, pero só se conserva a parte da ábsida, o resto foi modificado nunha reforma do século XIX. Tamén posúe dous baldaquinos no seu interior.
Galería de imaxes
editar-
Canzorros da igrexa de Rebón.
-
Capitel da igrexa de Rebón.
-
Panel dun baldaquino na igrexa de Rebón.
Rebón na cultura popular galega
editar- Para pan de trigo, Caldas;/ para molete, Padrón;/ para nenas arrogantes/ en San Pedro de Rebón.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Rebón
editarLugares da parroquia de Rebón no concello de Moraña (Pontevedra) | |
---|---|
O Batán | A Bouza | O Calvo | Castro | A Fontaíña | As Laxes | A Pallota | A Pasada | O Pazo | Rebón de Abaixo | Rebón de Arriba | Redondonio | San Pedro | O Vexildo |
Parroquias de Moraña
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ F. Bouza Brey: “As terras pontevedresas nas cántigas populares”, en Etnografía y folklore de Galicia II, Xerais 1982, 129-134 (publicado no Libro de Oro de la provincia de Pontevedra, Vigo 1930).