Rafael Rivelles
Rafael Rivelles Guillén, nado en Valencia o 23 de decembro de 1897 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1971, foi un actor español.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1898 provincia de Valencia, España |
Morte | 3 de decembro de 1971 (72 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1914 - 1971 |
Familia | |
Fillos | Amparo Rivelles |
|
Traxectoria
editarNaceu en Valencia, pero pronto a súa familia se trasladou ao Cabanyal, municipio de Valencia que en 1897 foi anexionado ao da capital, e onde pasou toda a súa infancia. Membro dunha familia de artistas, os seus pais foron os prestixiosos actores de teatro Jaime Rivelles e Amparo Guillem Minguet. Moi pronto comezou a traballar no teatro no que lograría rotundos éxitos; aínda que tamén traballou no cine ao longo da súa vida, pero de forma máis esporádica. Nos anos 30 traballou durante un tempo en Hollywood, pero pronto regresou a España, onde fundou a súa propia compañía de teatro xunto á súa esposa, a actriz María Fernanda Ladrón de Guevara coa que contraeu matrimonio o 15 de marzo de 1922, na Igrexa de San José de Madrid.
En 1925 naceu a súa filla, a actriz Amparo Rivelles, que continuou a saga artística xunto a unha nova xeración familiar de actores, entre eles Amparo Larrañaga e Luis Merlo.
No cine é lembrado como Don Quixote na película de 1947, Don Quijote de la Mancha xunto a un espléndido Juan Calvo, no papel de Sancho Panza.
En 1954 interpretou a Xudas Iscariote na película El beso de Judas dirixida por Rafael Gil.
Faleceu en Madrid o 3 de decembro de 1971 e de acordo cos seus desexos foi enterrado en Valencia, no cemiterio do Cabanyal, xunto aos seus pais.[2]
Filmografía
editarAno | Título | Papel |
---|---|---|
1914 | Prueba trágica | |
1930 | El embrujo de Sevilla | Paco Quiñones |
1931 | El proceso de Mary Dugan | Fiscal |
1931 | La mujer X | Luis Floriot |
1931 | ¿Conoces a tu mujer? | Robert Felton |
1931 | Mamá | Santiago |
1932 | El hombre que se reía del amor | Juan Herrero |
1932 | Niebla | |
1933 | El café de la Marina (versión en castelán) | |
1936 | Nuestra Natacha | Lalo |
1938 | Carmen la de Triana | José Navarro |
1939 | Frente de Madrid | Saverio |
1940 | Il peccato di Rogelia Sanchez | Don Fernando |
1940 | Santa Rogelia | Fernando |
1942 | Capitan Tempesta | Lachinsky |
1942 | Il leone di Damasco | Lachinsky |
1942 | Goyescas | Capitán Fernando Pizarro |
1944 | Lecciones de buen amor | |
1947 | Don Quijote de la Mancha | |
1954 | Murió hace quince años | Coronel Acuña |
1954 | El beso de Judas | Xudas |
1955 | Marcelino, pan y vino | Padre Superior |
1961 | La rivolta degli schiavi | Rutilio |
1964 | El señor de La Salle | Cardeal Noailles |
1964 | Cyrano et d'Artagnan | Cardeal Duc de Richelieu |
1966 | El Greco | Marqués de Villena |
Teatro (selección)
editar- Reinar después de morir (1964)
- Ardèle o la Margarita (1964)
- Cuidado con las personas formales (1960)
- Papá se enfada por todo (1959)
- La herencia (1957)
- Pepa Doncel (1956)
- La herida luminosa (1955)
- La muralla (1954)
- La mariposa y el ingeniero (1953)
- Señora ama (1953)
- Callados como muertos (1952)
- Criminal de guerra (1951).
- Al amor hay que mandarlo al colegio (1950)
- La visita que no llamó al timbre (1949)
- Carlo Monte en Monte Carlo (1939)
- El bandido de la Sierra (1926)
- El nido ajeno (1923)
Notas
editar- ↑ "Nova do falecemento de Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 4 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 5 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Rivelles |
Ligazóns externas
editar- Homenaxe ao actor
- Ficha de Rafael Rivelles en IMDb (en inglés).
- Lápida de Rafael Rivelles.