RB Formula One Team
Nome completo | Visa Cash App RB F1 Team |
---|---|
Bandeira coa que compite | Italia |
Base en | Faenza, Italia |
Xefe de Equipo | Laurent Mekies |
Director Técnico | Jody Egginton[1] |
Pilotos | 3. Daniel Ricciardo 22. Yuki Tsunoda |
Pilotos de probas | 40. Liam Lawson |
Chasis | VCARB 01 |
Motor | Honda RBPTH002[2][3] |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2024 |
Carreiras | 18 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 1 |
Puntos totais | 0 |
Posición no campionato | 6º (34 ptos.) |
Racing Bulls S.p.A, compite como Visa Cash App RB F1 Team (abreviado a RB[4] ou VCARB), é un equipo de carreiras e construtor italiano de Fórmula 1 que compite na tempada 2024. É un dos dous construtores de Fórmula Un propiedade do conglomerado austríaco Red Bull GmbH, o outro é Red Bull Racing. Coñecido como Scuderia AlphaTauri das tempadas 2020 a 2023, o equipo cambiou o seu nome actual para a tempada 2024. Os actuais pilotos son Daniel Ricciardo e Yuki Tsunoda, e o director do equipo é Laurent Mekies.
Orixes
editar- Véxase tamén: Minardi, Scuderia Toro Rosso e Scuderia AlphaTauri.
O equipo ten as súas raíces en Minardi. Minardi competiu na Fórmula Un de 1985 a 2005, antes de ser comprado por Red Bull en 2006 para converterse no equipo irmán de Red Bull Racing. De 2006 a 2019, competiu como "Toro Rosso" e era coñecido por albergar futuros talentos de Red Bull, como o futuro catro veces campión do mundo Sebastian Vettel, o actual piloto da Scuderia Ferrari Carlos Sainz, e o tres veces campión do mundo Max Verstappen. Ademais, Toro Rosso empregara anteriormente o actual piloto Daniel Ricciardo como parte da súa formación en 2012 e 2013.[5][6]
Para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020, Toro Rosso pasou a denominarse "AlphaTauri" para promover a [[AlphaTauri (marca de moda)|Marca de moda AlphaTauri] de Red Bull.[7] Segundo Franz Tost e Helmut Marko, o cambio de marca á Scuderia AlphaTauri tamén recoñeceu a transición de equipo júnior de Red Bull Racing a equipo irmán..[8]
O equipo pasou a denominarse Visa Cash App RB F1 Team para a tempada 2024,[9][10] acurtouse co acrónimo "VCARB".[11][12] O novo nome foi moi criticado polos fans e os medios.[13][14][15][16] Edd Straw de The Race chamouno "o peor" nome do equipo na historia da Fórmula 1" e "unha vergoña para Red Bull e a Fórmula 1 no seu conxunto", argumentando que o nome "RB" carece de "personalidade, identidade e ambición", podería facilmente confundirse con Red Bull Racing, e existe unicamente para forzar que os patrocinadores sexan mencionados con máis frecuencia.[17]
Historia nas carreiras
editarFunciona con motores Honda RBPT (2024-presente)
editarRB entrou no Campionato do Mundo de Fórmula Un de 2024 cos pilotos Daniel Ricciardo e Yuki Tsunoda.[11][18] O equipo continuou usando unidades de potencia Honda RBPT, despois de utilizar a unidades de potencia deseñadas por Honda desde a tempada 2018 cando nomeabase Scuderia Toro Rosso.[19][20]
Motores RBPT con distintivo Ford (2026 en diante)
editarCo cambio de socio e fornecedor da unidade de potencia de Red Bull Ford Powertrains confirmado polo seu equipo irmán maior, Red Bull Racing, o equipo RB Formula One Team tamén seguirá o exemplo do cambio de socio e fornecedor da unidade de potencia a Red Bull Ford Powertrains das tempadas 2026 a 2030.[21]
Resultados completos da Fórmula Un
editar(clave)
Ano | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | VCARB 01 | Honda RBPTH002 1.6 V6 t[22] |
P | BHR | SAU | AUS | XAP | CHN | MIA | EMI | MON | CAN | ESP | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | ACE | SIN | USA | MEX | BRA | LVG | QAT | ABU | 34* | 6º* | |
Daniel Ricciardo | 13 | 16 | 12 | Ret | Ret | 154 | 13 | 12 | 8 | 15 | 9 | 13 | 12 | 10 | 12 | 13 | 13 | 18 | ||||||||||||
Yuki Tsunoda | 14 | 15 | 7 | 10 | Ret | 78 | 10 | 8 | 14 | 19 | 14 | 10 | 9 | 16 | 17 | Ret | Ret | 12 | ||||||||||||
Fonte: |
- Notas
- * – Tempada en progreso.
Notas
editar- ↑ "Discover The Scuderia AlphaTauri Managers!". Scuderia AlphaTauri. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ "Red Bull agree deal to run Honda engine technology until 2025". Formula 1. 15 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ Smith, Luke (3 de xullo de 2021). "Honda's Sakura facility will supply Red Bull F1 engines in 2022". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2021.
- ↑ "RB". Formula1.com. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ "Red Bull finalises Minardi deal". us.motorsport.com (en inglés). 11 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2024. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Top 10 Red Bull F1 drivers ranked: Vettel, Verstappen, Perez and more". www.autosport.com (en inglés). 18 de xuño de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Toro Rosso's name change to AlphaTauri confirmed in provisional 2020 entry list". Formula 1. 30 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2023. Consultado o 2 de decembro de 2019.
- ↑ Delaney, Michael (16 de febreiro de 2020). "Marko upgrades AlphaTauri from junior to sister bull team". F1i.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ "2024 Bahrain Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 29 de febreiro de 2024. Consultado o 29 de febreiro de 2024.
- ↑ "AlphaTauri's new name for 2024 is confirmed". Formula 1 (en inglés). 24 de xaneiro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 Cooper, Adam (24 de xaneiro de 2024). "AlphaTauri F1 team makes switch to new Visa Cash App RB identity". us.motorsport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Fryer, Jenna (24 de xaneiro de 2024). "Visa enters F1 with Red Bull, rebrands AlphaTauri with wordy new team name". Associated Press (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Kisby, Cambridge (24 de xaneiro de 2024). "Why AlphaTauri's Visa Cash App RB rebrand is more than just a new name". Motor Sport Magazine (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Can you credit it? Visa Cash App RB may be the worst F1 team name of all time". The Guardian (en inglés). 25 de xaneiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Collantine, Keith (24 de xaneiro de 2024). "Does 'Visa Cash App RB' signal a depressing new trend in F1 team names?". RaceFans (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "‘This is horrendous’: Ricciardo stuck with ‘worst team name’ as F1 secret to be unveiled". Fox Sports (en inglés). 19 de xaneiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Visa Cash App RB is the worst name in F1 history". The Race (en inglés). 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de2024.
- ↑ "Yuki Tsunoda and Daniel Ricciardo with us in 2024". Formula 1. 23 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2024. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ "Renault power for 2018 McLaren, Honda switch to Toro Rosso". Formula1.com (en inglés) (Formula One World Championship Limited). 15 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2017.
- ↑ "Honda and Red Bull extend power unit support deal until 2025 | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Ford announces F1 return in 2026 with Red Bull". ESPN.com (en inglés). 3 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023.
- ↑ "Honda RBPTH002 | Formula 1". Honda.Racing (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RB Formula One Team |