[go: up one dir, main page]

Río de Zamáns

río galego

O río de Zamáns[1][2], tamén chamado río de Vilaza[3] ou río Amial[4], é un curso de auga que discorre polos concellos de Vigo e Gondomar. É afluente do río Miñor.

Modelo:Xeografía físicaRío de Zamáns
Imaxe
O río de Zamáns
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Galiñeiro Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Miño Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′37″N 8°45′49″O / 42.11026, -8.7636
 
Encoro de Zamáns

Nace no Galiñeiro, na parroquia de Zamáns (Vigo).[1] No seu leito construíuse o encoro de Zamáns. Discorre polas parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza. Na vila de Gondomar, concretamente ao carón da Paradela, conflúe co río das Rasas, para converterse no río Miñor.[1]

Historia

editar
 
Muíño das Maquías

Na documentación medieval, tamén recibía o nome de Miñor.[1] No século XVIII, xa estaba consolidado o actual nome.[1]

Patrimonio e natureza

editar

Na parroquia de Zamáns atópase un conxunto etnográfico de cinco muíños restaurados a comezos do século XXI e unha senda[5]. Cabe destacar tamén o muíño das Maquías e o encoro de Zamáns.[5] Atravesa o núcleo urbano de Gondomar. Ás súas beiras atópase o paseo da Coelleira e unha pontella.[6]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Navaza, Gonzalo (2017). Boullón Agrelo, Ana Isabel, ed. Toponimia miñorá: Miñor, Nigrán, Gondomar, Baiona. Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas. Anexo 75 de Verba (Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela). p. 84. 
  2. "Río de Zamáns - 273809". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-26. 
  3. "En las orillas del río Vilaza". Faro de Vigo (en castelán). 2020-11-26. Consultado o 2023-10-26. 
  4. "Embalse de Zamanes o Encoro de Zamáns. Pesca en España" (en castelán). 2022-08-02. Consultado o 2023-10-26. 
  5. 5,0 5,1 "Ruta Sendeiro local de Zamáns. Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-10-26. 
  6. pablo f.e. gondomar (2019-12-08). "El río Zamáns tendrá pasarela en Gondomar ya este año". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-10-26.