[go: up one dir, main page]

Club Rápido de Bouzas

equipo de fútbol de Bouzas, Vigo
(Redirección desde «Rápido de Bouzas»)

O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo, que milita no Grupo II da Preferente Galicia. Fundado en 1914, é o cuarto equipo de fútbol máis antigo de Galicia, só por detrás do Deportivo da Coruña, do Unión Campestre de Montrove e do Deportivo Coia.[1] O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.[2]

Rápido de Bouzas
NomeClub Rápido de Bouzas
Alcume(s)Gualdinegros
Fundación1914
EstadioBaltasar Pujales,
Bouzas, Vigo,
Galicia
Inauguración2001
Capacidade1500
PresidenteGalicia Alfonso Caneiro
AdestradorGalicia Víctor Rodríguez
LigaPreferente – Grupo 2
2023/2415º
VestimentaNike
PatrocinadorPescamar
Na rede
http://www.rapidodebouzas.com/
Facebook: clubrapidodebouzas Twitter: Rapidobouzas Instagram: rapidodebouzas Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Rápido de Bouzas, 2022.
Rápido de Bouzas, 2023.

No equipo militaron xogadores destacados como Pahiño, quen xogou coa selección española e foi dúas veces Pichichi, Manolo Tomé, que chegou gañar unha liga co Fútbol Club Barcelona, ou Iago Aspas.[1]

Historia

editar

O equipo foi fundado o 12 de agosto de 1914[3] co nome de Club Rápido Football, no seo do Liceo Marítimo de Bouzas, do cal tomou as cores negra e amarela.[2]{ Converteuse en club en 1917 e federouse en 1921.

Participou na Serie B do Campionato de Galicia de fútbol, resultando campión na tempada 1922-23. No verán dese ano foi convidado a unirse co Real Vigo Sporting Club e mais o Real Club Fortuna de Vigo no proxecto de fusión que deu lugar ao Celta de Vigo, mais o club declinou a oferta.

Na tempada 1965-66 acadaron o ascenso por vez primeira á Tercera División, competición que gañaron na temada 2004-2005. É o equipo de Galicia con maior número de tempadas consecutivas nesta categoría tras o Cerceda. Amais acadaron seis títulos de Campión de Galicia de afeccionados.

En 2005 o club xogou por vez primeira a Copa do Rei de fútbol, sendo eliminado polo Rayo Vallecano, ao que con todo, conseguiu derrotar no partido de ida no Baltasar Pujales.[1] No ano 2014 foi galardoado co premio Vigués distinguido.

Na tempada 2015-16 o equipo gañou o grupo galego da Copa RFEF, tras eliminar o Deportivo B e o Alondras, e vencer na final fronte ao Cerceda en Ribadumia por 3-0.[4]

O 25 de xuño de 2017, con Patxi Salinas no banco, o club logrou o ascenso a Segunda B por vez primeira tras eliminar o Peralada, o Cayón e o Villa de Santa Brígida.[2][1] Na tempada do seu debut na terceira categoría do fútbol español, o Rápido de Bouzas estivo a piques de clasificarse para os play-offs de ascenso a Segunda División da man de Borja Jiménez Sáez.[1] Mantívose nesta categoría dúas tempadas, clasificándose de novo para a Copa do Rei.

No verán de 2024 o equipo descendeu a Preferente logo de que ningún equipo galego conseguira o ascenso á Segunda División RFEF nos play-offs. Deste xeitoo, o cadro vigués puña fin a 25 anos competindo en categoría estatal de xeito ininterrompido. O descenso, inesperado na entidade, fixo que o proxecto tivera que tomar unha nova dirección, recurrindo a xogadores da canteira cunha media de 19-20 anos.[1]

Os inicios na categoría autonómica non foron bos para o Rápido, xa que comezou perdendo os seus primeiros tres encontros, nos que acumulou 17 goles en contra por tan só tres a favor, encaixando ademais 12 goles nos seus dous primeiros partidos como local, o que colocou ao equipo como pechacancelas da competición.[1]

Adestradores

editar

Presidentes

editar

Na actualidade o presidente da entidade gualdinegra é Manuel Pedro Seoane Cordal. Así mesmo, o presidente honorífico é Baltasar Pujales Estévez.

Cronoloxía dos presidentes

editar

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta amarela e negra a raias verticais, pantalón negro e medias negras.
 
Rápido de Bouzas vs Centro de Deportes Barco. Venceu o Rápido: 2-0.

Estadio

editar

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é a sede onde o Club Rápido de Bouzas disputa os seus encontros.

Datos do club

editar

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
de 17-18 Rexional
a 64-65 Rexional
1965/66
1966/67 10º
1967/68 13º
de 67-68 Rexional
a 98-99 Rexional
1999/00 12º
2000/01 14º
2001/02
2002/03
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2003/04 14º
2004/05
2005/06 15º Rolda previa
2006/07 12º
2007/08
2008/09 15º
2009/10 10º
2010/11 10º
2011/12
2012/13
2013/14 10º
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2014/15 10º
2015/16
2016/17 ascenso 
2017/18 2ªB 1ª rolda
2018/19 2ªB 17º descenso  1ª rolda
2019/20 18º
2020/21 3ª RFEF /
2021/22 3ª RFEF
2022/23 3ª RFEF
2023/24 3ª RFEF 15º  
2024/25 Preferente

Palmarés

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "El descenso a los infiernos del equipo más antiguo de Vigo... y tercero de Galicia". Marca (en castelán). 25 de setembro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El lento ascenso del Rápido de Bouzas, orgullo de Vigo". ABC. 27 de xuño de 2017. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  3. Rodríguez, Salvador (9 de abril de 2014). "100 años del Rápido de Bouzas". Faro de Vigo. 
  4. "Historia del Rápido de Bouzas". Rápido de Bouzas. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar