Premio Xerais
O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.
Premio Xerais | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1984 |
Nomeado en referencia a | Edicións Xerais de Galicia |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas[1]. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras[2].
Gañadores
editar- 1984: Crime en Compostela (Carlos González Reigosa).[3]
- 1985: As horas de cartón (Lois Xosé Pereira).
- 1986: No ano do cometa (Xoán Bernárdez Vilar).
- 1987: Para despois do adeus (Xosé Ramón Pena).
- 1988: O bosque das antas (Francisco Xosé Fernández Naval).
- 1989: Galván en Saor (Darío Xohán Cabana).
- 1990: As baleas de Eduardo Reinoso (Alfonso Álvarez Cáccamo).
- 1991: Agosto do 36 (Xosé Fernández Ferreiro).
- 1992: O infortunio da soidade (Xosé Carlos Caneiro).
- 1993: Deserto
- 1994: O cervo na torre (Darío Xohán Cabana).
- 1995: Unha noite con Carla (Aníbal Malvar).
- 1996: A velocidade do frío (Manuel Seixas).
- 1997: Manancial (Xavier Manteiga).
- 1998: Morning Star (Xosé Miranda).
- 1999: Pensa nao (Anxo Angueira). Entregado en Mondariz-Balneario.
- 2000: Expediente Artieda (Luís Rei Núñez). Entregado en Santiago de Compostela.
- 2001: Teoría do caos (Marilar Aleixandre). Entregado en Ribadeo.
- 2002: Concubinas (Inma López Silva). Entregado en Allariz.
- 2003: Casa Skylab (Santiago Jaureguizar).[4] Entregado en Betanzos.
- 2004: O exiliado e a primavera (Manuel Veiga Taboada). Entregado en Vigo.[5]
- 2005: Herba moura (Teresa Moure). Entregado na illa de San Simón.
- 2006: Tres segundos de memoria (Diego Ameixeiras). Entregado na illa de San Simón.
- 2007: Cardume (Rexina Rodríguez Vega). Entregado na illa de San Simón.
- 2008: O xardín das pedras flotantes (Manuel Lourenzo González).
- 2009: Sol de Inverno (Rosa Aneiros).
- 2010: Periferia (Iolanda Zúñiga).
- 2011: Extramunde (Xavier Queipo).
- 2012: Tonas de laranxa (María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón).
- 2013: Cadeas (Xabier López López).
- 2014: Dende o conflito (María Reimóndez).
- 2015: De remate (Héctor Cajaraville).
- 2016: A ira dos mansos (Manuel Esteban).
- 2017: A arte de trobar (Santiago Lopo).[6]
- 2018: Besta do seu sangue (Emma Pedreira)[7]
- 2019: Shanghai a Barcelona (Amador Castro)[8]
- 2020: Coidadora (María Marco Covelo)[9]
- 2021: Os seres queridos (Berta Dávila)[10]
- 2022: A culpa (María Solar)[11]
- 2023: Ninguén contará a verdade (Pedro Feijoo)[12]
- 2024: Detective Ferruchi (Marta Villar)[13]
Notas
editar- ↑ "1985, IIº Premio Xerais" Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., no blog de Edicións Xerais, 5 de abril de 2008.
- ↑ "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018.
- ↑ Mirás, Nacho (24 de xuño de 2000). "O xornalista Luis Rey Núñez gaña o Premio Xerais coa novela «María Pita»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Casa Skylab". xerais.gal. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ Íase entregar na illa de San Simón, pero o afundimento do pesqueiro Bahía, con base en Cesantes, uns días antes, fixo que se movese a entrega a Vigo, en sinal de loito.
- ↑ "Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017". Nós Diario. 3/6/2017. Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ Ocampo, Elena (2-6-2018). ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". farodevigo.es. Consultado o 13-6-2019.
- ↑ "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Nós Diario. 8 de xuño de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". Praza Pública. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública.
- ↑ "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. 2022-07-15. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ Melchor, Edgar (2023-06-17). "Pedro Feijoo conquista o Premio Xerais de Novela 2023". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-17.
- ↑ "Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé". Praza Pública. 2024-06-08. Consultado o 2024-06-08.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A grande aventura do libro, contada por el mesmo, Deputación de Ourense, Santiago de Compostela, 2013, ISBN 978-84-941165-1-3.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da Literatura Galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-656-8.