Praza de Galicia (A Coruña)
praza na Coruña
A praza de Galicia é un espazo público do Ensanche da cidade da Coruña, situado entre as rúas de Ferrol e do Notariado.
Historia
editarA praza de Galicia construíuse como un dos espazos abertos no Ensanche coruñés. Como as prazas de Vigo, Lugo e Pontevedra, e as rúas de Betanzos, Ferrol e Compostela, recibiu como nome un topónimo. Na década de 1920 decidiuse construír nela o Pazo de Xustiza.[1]
A finais da década de 1980 construíuse na praza un aparcadoiro subterráneo.[2]
Arquitectura
editarOs edificios catalogados na praza de Galicia, varios deles de estilo modernista, son:[3]
- O Pazo de Xustiza, de Julio Galán Carvajal e Ricardo Boán (1928).
- Casa Cortés, de Eduardo Rodríguez-Losada (1918), situada nos números 2-3.
- Número 5 (1920).
- Os edificios con fachada na rúa de Ferrol.
- Rúa do Notariado: números 5 (Eduardo Rodríguez-Losada, 1930) e 7 (Pedro Mariño, 1926).
- Rúa de Fontán 3 (Santiago Rey Pedreira, 1934-36).
Notas
editar- ↑ Una plaza con mucha historia (en castelán)
- ↑ Otra ciudad bajo los pies (en castelán)
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.