[go: up one dir, main page]

Trinity foi o nome en código da primeira detonación dunha arma nuclear na historia, levada a cabo polo Exército dos Estados Unidos ás 5:29 A.M. do 16 de xullo de 1945 como parte do Proxecto Manhattan. A proba realizouse no deserto Jornada del Muerto a uns 56 km ó sueste de Socorro, Novo México, no que entón era o Campo de Tiro e Bombardeo da USAAF en Alamogordo. As únicas estruturas ali presentes orixinalmente eran a casa de campo McDonald e os seus edificios complementarios, que os científicos usaron como laboratorio para probar compoñentes de bombas. Na semana da proba houbo unhas 425 persoas presentes no lugar.

Nube de cogomelo do "Trebello" segundos despois da detonación.

O nome en código "Trinity" designouno Robert Oppenheimer, director do Laboratorio de Los Alamos, inspirado na poesía de John Donne. A bomba era un artefacto de implosión de plutonio, co alcume informal "O Trebello" (inglés: "The Gadget"), co mesmo deseño que a bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki o 9 de agosto de 1945. A complexidade deste deseño requiriu un grande esforzo por parte do persoal de Los Alamos, e as preocupacións sobre a súa efectividade deron lugar á realización da primeira proba nuclear, planeada e dirixida por Kenneth Bainbridge.

Por mor da preocupación dunha efervescencia construíuse un contedor de aceiro denominado "Jumbo" para o plutonio que permitiría a súa recuperación, aínda que non se utilizou finalmente. O 7 de maio de 1945 realizouse un ensaio, detonando 98 toneladas de explosivos ós que se lle engadiron isótopos radioactivos. A detonación do "Trebello" liberou unha enerxía explosiva equivalente a uns 22 quilotóns de TNT. Entre os observadores da proba estiveron Vannevar Bush, James Chadwick, James Conant, Thomas Farrell, Enrico Fermi, Richard Feynman, Leslie Groves, Robert Oppenheimer, Geoffrey Taylor e Richard Tolman.

O sitio da proba foi declarado Fito Histórico Nacional en 1965 e engadiuse á lista do National Register of Historic Places ó ano seguinte.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.