[go: up one dir, main page]

Provincia de Oviedo

Oviedo era o nome que recibía anteriormente a provincia española de Asturias, a única que forma a actual comunidade autónoma do Principado de Asturias.

Historia e características

editar

Foi creada en novembro de 1833, co nome do seu capital, a cidade de Oviedo, dentro da división territorial de 1833, que dividiu España en provincias. Na súa constitución comprendía os territorios da comarca histórica das Asturias de Oviedo salvo os territorios de A Fonsagrada-Burón, Conforto e Suarna que pasaron para a nova provincia de Lugo e Tresvisu que pasou á provincia de Santander. Á provincia de Oviedo engadiuse o territorio dos actuais concellos de Ribadeva, El Valle Altu de Peñamellera e El Valle Baju de Peñamellera, que pertencían ás Asturias de Santillana (ata 1778) e Provincia de Cantabria (desde 1778).

Coa Lei 1/1983, de 5 de abril [1], sobre cambio de denominación da actual Provincia de Oviedo pola de Provincia de Asturias, cumpriuse coa Disposición Transitoria Oitava do Estatuto de Autonomía de Asturias, cambiándose o seu nome polo actual.

Artigo único. A actual provincia de Oviedo denominarase provincia de Asturias, manténdose o nome de Oviedo para a súa capital

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar