[go: up one dir, main page]

Protomartyr é unha banda estadounidense de post-punk formada en 2008 en Detroit, Míchigan. Está composta por Joe Casey na voz, Greg Ahee na guitarra, Alex Leonard na batería, Scott Davidson no baixo e Kelley Deal na guitarra, teclados e voces.

Protomartyr
OrixeDetroit, Míchigan,
Período2008 - presente
Xénero(s)post-punk, punk rock, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Hardly Art, Urinal Cake, X!, Domino Records
MembrosJoe Casey
Greg Ahee
Alex Leonard
Scott Davidson
Kelley Deal
Antigos membrosKevin Boyer
Artistas relacionadosButt Babies, Spray Paint, Tyvek, R. Ring
Na rede
protomartyrband.com
Facebook: protomartyr Youtube: UCXL3qz_2IdljO3JD9ULJ-gg Bandcamp: protomartyrSouncloud: protomartyr Spotify: 2YFBqMMiIIL4XyiEwqySUQ iTunes: 608692872 Last fm: Protomartyr Musicbrainz: 9efaf639-6332-44b8-94ae-c25896320ca7 Songkick: 897369 Discogs: 2978786 Allmusic: mn0002897553 Deezer: 4541009 Genius: Protomartyr Editar o valor en Wikidata

Ata a data o grupo leva publicados seis álbums de estudio: No Passion All Technique (2012), Under Color of Official Right (2014), The Agent Intellect (2015), Relatives in Descent (2017), Ultimate Success Today (2020) e Formal Growth in the Desert (2023).

Historia

editar

Antes de Protomartyr, Greg Ahee e Alex Leonard actuaban como un dúo chamado Butt Babies. Ao pouco tempo uníuselles Joe Casey, que comezou actuando como vocalista nos concertos de Butt Babies. Kevin Boyer de Tyvek uniuse como baixista e segundo guitarrista de Protomartyr por un curto período de tempo antes de deixar a banda debido a problemas de horarios co seu outro grupo. Cando Scott Davidson uniuse á banda como baixista Butt Babies transformaríase en Protomartyr.[1][2]

A banda publicou o seu álbum de estrea, No Passion All Technique, no ano 2012 a través do selo Urinal Cake Records. No mesmo ano publicarían tamén o sinxelo "Colpi Proibiti" a través de X! Records. O seu seguinte álbum de estudio, Under Color of Official Right, lanzouse en abril de 2014 polo selo Hardly Art.[3] Un terceiro álbum de estudio, The Agent Intellect, apareceu en outubro de 2015.[4] O álbum tivo moi boas críticas, sendo valorado cun 85/100 na páxina Metacritic,[5] e entrando nas listas do mellor do ano en The A.V. Club,[6] Chicago Tribune,[7] Rolling Stone,[8] Metacritic,[9] Spin,[10] e Consequence of Sound.[11]

Protomartyr asinou con Domino Records no ano 2017 e publicou o seu cuarto álbum de estudio, Relatives in Descent, co selo en setembro dese ano.[12]

O 15 de xuño de 2018 Protomartyr publicou Consolation E​.​P., un EP de catro temas coa colaboración de Kelley Deal (The Breeders) e Mike Montgomery (R- Ring, Alpine).[13] Esta foi a segunda colaboración de Deal coa banda, tras o sinxelo de 2015 "Blues Festival".[14] Tras seguir traballando con Protomartyr nos anos seguintes, a guitarrista finalmente pasaría a ser oficialmente membro do grupo a finais de 2022.[15]

En marzo de 2019 Joe Casey estimou que o quinto álbum do grupo estaría listo "a finais de 2019/inicios de 2020".[16] A gravación do disco rematou no mes de xullo de 2019.[17] O disco, titulado Ultimate Success Today, debería ter saído en maio de 2020,[18] pero o seu lanzamento foi adiado ata o mes de xullo por mor da pandemia de COVID-19.[19]

En marzo de 2023 Protomartyr anunciou o lanzamento do seu sexto álbum de estudio, Formal Growth in the Desert, o 2 de xuño dese ano a través do selo Domino Records. Ao mesmo tempo a banda anunciou unha xira polos Estados Unidos, Canadá e Europa.[20] A publicación do disco estivo precedida polos sinxelos "Make Way",[21] "Elimination Dance"[22] e "Polacrilex Kid".[23]

Estilo musical

editar

A música da banda foi etiquetada como post-punk[1][24][25][26][27] e punk rock.[27] Josh Terry de Consequence of Sound dixo que o grupo "mestura a atmosfera depresiva do post-punk británico dos 70 coa sensibilidade crúa dos seus antepasados garage rock da Motor City".[26] O son da banda foi comparado ao doutros grupos de post-punk como Wire, The Fall, Pere Ubu, The Constantines e Iceage,[1][28] ademais de compararse ao de grupos locais, destacando Tyvek.[27] O vocalista Joe Casey tamén expresou aprecio por Pere Ubu e The Fall.[1][2]

A voz barítona de Casey tamén foi comparada coas de Ian Curtis de Joy Division, Mark E. Smith de The Fall e Nick Cave.[2][26][29][30]

Influencia

editar

Protomartyr foi citado como unha influencia por bandas modernas de punk e post-punk como Shame,[31] Idles,[32] Priests,[33] The Dirty Nil,[34] Meat Wave,[35] Rendez-Vous,[36] Dehd,[37] Citizen,[38] TV Priest,[39] e The Devil Wears Prada.[40] Nunha entrevista con Beats Per Minute en agosto de 2020, Casey revelou que a letra "shouted slogans of leapers" do tema "The Aphorist" do álbum Ultimate Success Today é unha referencia ás "bandas novas [que] sinto que nos atacan e que fan un traballo de merda, ou unha versión diluída de nós. Pero entón a seguinte liña é 'Por que non esnaquicei a copiadora cando acabei?' Porque, cando comezamos, a xente acusábanos de copiar a bandas e de non ser orixinais. Entón, Por que me queixo desas bandas de merda cando eu copiaba?"[41]

Membros

editar
  • Joe Casey - voces
  • Greg Ahee - guitarra
  • Alex Leonard - batería
  • Scott Davidson - baixo

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
Álbum Ano Selo
No Passion All Technique 2012 Urinal Cake Records
Under Color of Official Right 2014 Hardly Art
The Agent Intellect 2015 Hardly Art
Relatives in Descent 2017 Domino Records
Ultimate Success Today 2020 Domino Records
Formal Growth in the Desert 2023 Domino Records
Álbum Ano Selo
Consolation 2018 Domino Records

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Stereogum (ed.). "Band To Watch: Protomartyr". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Protomartyr - Detroit Metro Times". web.archive.org. 2014-03-31. Archived from the original on 31 de marzo de 2014. Consultado o 2020-02-04. 
  3. Spin (ed.). "Stream Protomartyr’s Post-Punk Punisher ‘Scum, Rise!’". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  4. Overblow (ed.). "Protomartyr Announce New Album, Share ‘Why Does It Shake?’, Tour Dates". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. Metacritic (ed.). "The Agent Intellect". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. The A.V. Club (ed.). "The 15 best albums of 2015". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  7. Chicago Tribune (ed.). "Best albums of 2015: Kendrick Lamar, Courtney Barnett and more". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  8. Rolling Stone (ed.). "Rob Sheffield's Top 20 Albums of 2015". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  9. Metacritic (ed.). "The best albums of 2015". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  10. Spin (ed.). "The 50 Best Albums of 2015". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  11. Consequence of Sound (ed.). "Top 50 Albums of 2015". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  12. The Guardian (ed.). "Protomartyr: Relatives in Descent review – sensational, bloodied but unbowed post-punk". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  13. "Consolation E.P., by Protomartyr". Protomartyr (en inglés). Consultado o 2023-02-21. 
  14. "Protomartyr Share "Blues Festival" Featuring the Breeders' Kelley Deal". Pitchfork (en inglés). 2015-04-13. Consultado o 2023-02-21. 
  15. "To mark two years of @kelleydeal being in the band we added her in.". Facebook. Consultado o 2023-02-21. 
  16. "r/indieheads - Joe from Protomartyr AMA". reddit (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  17. "@poormrratty on Instagram: “Album 5 recorded. Traditional post-recording prandial session with The Gotobeds and the Tubby’s crew.”". Instagram (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  18. "Protomartyr announce new album, 'Ultimate Success Today' out May 29; share "Processed By The Boys" video". Domino Recording Company (en inglés). Consultado o 2023-02-21. 
  19. "Our album has been pushed back to July 17th. We thank you for your patience and hope it will be worth the wait.". Twitter. Consultado o 2023-02-21. 
  20. "Protomartyr Announce New Album Formal Growth in the Desert, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). 2023-03-07. Consultado o 2023-06-06. 
  21. "Protomartyr Share New Song "Make Way": Listen". Stereogum (en inglés). 2023-03-07. Consultado o 2023-06-06. 
  22. "Protomartyr release single 'Elimination Dances'". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2023-04-27. Consultado o 2023-06-06. 
  23. "Protomartyr present new single "Polacrilex Kid"". Front View Magazine. Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  24. "SXSW 2014: All hail the losers, the misanthropes and the unhip". Los Angeles Times (en inglés). 2014-03-16. Consultado o 2020-02-04. 
  25. "Listen to "Come & See" by Protomartyr" (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  26. 26,0 26,1 26,2 "Listen: Protomartyr's new song "Come & See"". Consequence of Sound (en inglés). 2014-02-25. Consultado o 2020-02-04. 
  27. 27,0 27,1 27,2 "Protomartyr – “Scum, Rise!”". Stereogum. 2014-01-10. Consultado o 2020-02-04. 
  28. Hann, Michael (2014-03-06). "Protomartyr: Detroit punk strikes back". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-02-04. 
  29. "Stream: Protomartyr, “Come & See”". The FADER (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  30. "Protomartyr: No Passion All Technique". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-04. 
  31. Radical, Norwich (2018-12-01). "PROPER MUSICIANS – AN INTERVIEW WITH SHAME". The Norwich Radical (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  32. "Stendhal Syndrome: Idles Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  33. Pelly, Jenn; Priests (2020-06-01). Nothing Feels Natural: Interviews in 2016 (en inglés). Rough Trade Books. ISBN 978-1-912722-48-8. 
  34. Sookraj, Lisa (2015-09-22). "The Dirty Nil: Interview". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  35. "Upbringing: Meat Wave". DIY (en inglés). 2015-11-25. Consultado o 2023-12-17. 
  36. "Get To Know… Rendez Vous". DIY (en inglés). 2018-10-31. Consultado o 2023-12-17. 
  37. "Dead Serious About Dehd: An Interview with Jason Balla". WECB (en inglés). 2020-02-23. Consultado o 2023-12-17. 
  38. "Interview: Guitarist Nick Hamm of Citizen Talks 'Life In Your Glass World'". New Noise Magazine (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  39. "TV Priest interview". Amazing Radio (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  40. "Hear Devil Wears Prada Members Go Post-Punk on New God Alone Song "Heavy Metal"". Revolver (en inglés). 2018-06-28. Consultado o 2023-12-17. 
  41. Wohlmacher, John (2020-08-28). "Interview: Protomartyr". Beats Per Minute (en inglés). Consultado o 2023-12-17.