[go: up one dir, main page]

Polje ou polié [1] (do eslovaco polje, pl. polja) é unha chaira do carso, de dimensións considerábeis e vertentes cun declive pronunciado ou abruptas, cun fondo xeralmente plano e cuberto de terra roxa e aluvións.[2] A cunca de recepción ten un drenaxe endorreico e centrípeto. Poden permanecer secos, ser atravesados por un curso de auga ou estaren inundados de forma permanente ou temporal. A medida que o nivel freático aumenta, poden ser alimentados por exsurxencias ou por pónores, que poden funcionar como pías cando baixa de novo. Ás veces teñen zunidos, que son unha forma rochosa abrupta, illada e dispersa dentro dos poljes.[3]

Son comúns en terreos kártsticos (cársicos) en Europa central, ou do Sur, por exemplo no Peloponeso, e menos comúns na Península Ibérica, aínda que existen exemplos.[4]

Vista panorámica do 'Polje Lagoinha', en Jequitaí, Minas Xerais, Brasil.

Vista panorámica do 'Polje Lagoinha', en Jequitaí, Minas Xerais, Brasil.


  1. "Polje. (bUSCatermos)". Consultado o 12-1-2022. 
  2. "Significado / definição de Polje no Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Consultado o 16 de novembro de 2017. 
  3. Frederico Augusto Alves Gonçalves (2017). "CARSTE SUSPENSO E GEOMORFOLOGIA DE LONGO TERMO. A REGIÃO CÁRSTICA DOS CURRAIS DE PEDRAS, JEQUITAÍ – MINAS GERAIS". Revista Brasileira de Geomorfologia 18 (2): 279–293. ISSN 2236-5664. Consultado o 26 de marzo de 2022. 
  4. "Origin and evolucion of the Gallocanta polje. Iberian Range, NE Spain" (PDF). Researchgate. Consultado o 12-2-2022. 

Véxase tamén

editar