Pireneos Atlánticos
Os Pireneos Atlánticos[1] (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania. Toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².
Pyrénées-Atlantiques (fr) | |||||
Epónimo | Pireneos e Océano Atlántico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Capital | Pau (1796–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 693.027 (2021) (90,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.645 km² | ||||
Punto máis alto | Pic Palas (en) (2.974 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Jean-Jacques Lasserre | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-64 | ||||
Código NUTS | FR615 | ||||
Código de departamento INSEE | 64 | ||||
Sitio web | le64.fr | ||||
O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).
A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aquitano.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |