[go: up one dir, main page]

Peto (recipiente)

Un peto é un recipiente destinado á acumulación e a almacenaxe de moedas, usado en especial polos nenos. Tradicionalmente fabrícanse petos con forma de porco, iñantes en barro sen esmaltar e logo en compostos cerámicos e outros materiais (como madeira, metal, plásticos etc).

Peto con forma de caixa forte.
Peto tradicional con forma de porco, fabricado en cerámica.

Os petos utilizánse para estimular o aforro nos nenos: o diñeiro pódese introducir facilmente por unha rañura, pero hai algúns petos que se teñen que romper para sacalo.[nota 1][nota 2] Tamén existen petos mecánicos nos que, poñendo a moeda nun punto determinado, se acciona un mecanismo (manual ou automaticamente) para «engulir» a moeda.

Orixes

editar

Gregos e romanos

editar

En Occidente, o achado arqueolóxico máis antigo dun peto ou “caixa de diñeiro” data do século II a. e. c. na colonia grega de Priene (Xonia central, na actual Turquía) durante a escavación dun edificio residencial, e representa a forma dun templo grego en miniatura cunha fenda no frontón. Atopáronse diversos recipientes feitos de arxila cocida en escavacións das cidades romanas de Pompeia e Herculano e outras provincias do Imperio romano, sobre todo da época tardía, particularmente na Gran Bretaña romana e ao longo do Rin.[1]

Inglaterra

editar

Na Inglaterra do século XV, para fabricar artigos e utensilios de cociña utilizábase un tipo de arxila, de cor case laranxa, que se coñecía como "pygg". Naquel tempo tamén se empezaron a usar potas e xerras para gardar (aforrar) moedas, polo que comezaron a chamarse "pygg jar". Máis tarde, no século XVIII déuselle a aquel recipiente o nome que chegou ata o presente: piggy bank.[2] O nome evoca o xogo de palabras cos nomes en inglés da arxila e do porco ("pygg", arxila rosada, e pig, "porco") e os conceptos asociados á riqueza e a abundancia).[3]

Extremo Oriente

editar

No extremo Oriente existen figuras cun simbolismo relacionado coa fortuna, como o Chan Chu (sapo ou ra do diñeiro) ou o gato da fortuna xaponés, o Maneki Neko, de cor amarela, asociado á economía de quen o posúe e modernamente convertido en peto. Outro obxecto similar é o xabaril indonesio («celengan» ou «celeng»), usado como símbolo nos bancos nacionais daquel país. Algúns estudos sitúan a orixe destes recipientes na época do emperador Wu (141 a. e. c. - 87 a. e. c.) da dinastía Han. Eran fabricados en cerámica, porcelana ou bambú para facilitar que unha vez cheos de moedas, puidesen abrirse/romperse para recuperar o diñeiro, por iso é polo que son poucos os exemplares conservados. Denominábanse, de forma xenérica, "pumān" (en chinés: 扑满; pinyin: mǎn pū) e o máis antigo é un exemplar de Ge Hong (葛洪, Gehong) da dinastía Jin (266-420).

  1. Na simboloxía do porco, romper o peto pode asociarse coa cerimonia de matar o porco que se foi engordando para, tras a matanza, ter comida para o inverno.
  2. Dende a aparición e comercialización de petos fabricados en metal, plástico e outros materiais resistentes como a madeira, cun dispositivo, xeralmente na súa parte inferior, que permite abrilos sen rompelos, a cerimonia do baleirado perdeu dramatismo e contundencia.
  1. Hurschmann, Rolf (Hamburgo): "Money boxes", Hubert Cancik e Helmuth Schneider (ed.): New Pauly, Brill, 2009.
  2. Parody, A. (2014). Michael O'Mara Books, ed. A Shite History of Nearly Everything. ISBN 9781782432807. 
  3. O primeiro portal de petos (en inglés)