[go: up one dir, main page]

Pereira, O Pino

parroquia civil do concello do Pino

San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 258 habitantes (134 mulleres e 124 homes)[2] distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.

Pereira
Igrexa de San Miguel de Pereira
ConcelloO Pino[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′31″N 8°23′43″O / 42.89187815, -8.39529308
Área7,14 km²
Poboación258 hab. (2019)
Densidade36,13 hab./km²
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

O seu topónimo procede do latín PIRARIAM, de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial, "lugar cheo de pereiras")[3].

A infraestrutura máis importante que se encontra dentro desta parroquia é unha parte substancial do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que comparte coas parroquias de Sabugueira, en Compostela, onde se atopa a torre de control, e de Loureda, en Boqueixón, aínda que esta última cunha mínima parte da pista de aterraxe[4].

A parroquia está atravesada de oeste a leste polo río Brandelos[5], que nace nas pendentes que se dirixen ao aeroporto, na chamada Fonte da Devesa, cerca do lugar de Alvite[4].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pereira

editar
Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña)

A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá

Parroquias do Pino

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. Moralejo Laso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro. p. 120. ISBN 84-85170-20-2. 
  4. 4,0 4,1 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  5. Desde O Pedrouzo hasta Santiago de Compostela Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine., entrada en santiagocompostela.info (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar