[go: up one dir, main page]

Pere Joan

artista español

Pere Joan foi un escultor catalán do século XV. Nado arredor de 1398, era fillo de Jordi de Déu, grego de Mesina, antigo escravo de Jaume Cascalls, escultor catalán do século XIV. As derradeiras noticias sobre Pere Joan son de 1458 polo que se supón que falecería pouco despois dese ano.

Modelo:BiografíaPere Joan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1394 ↔ 1397 Editar o valor en Wikidata
Morte1445 Editar o valor en Wikidata (45/55 anos)
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJordi de Déu Editar o valor en Wikidata

BNE: XX892108
Gárgola no Pazo da Generalitat de Cataluña.
Medallón de Sant Jordi.

Primeiros traballos

editar

Iniciouse na arte escultórica moi novo, moi probabelmente co seu pai. Con menos de vinte anos de idade aparecen xa documentadas as súas primeiras obras en solitario: unha clave de bóveda na nave central da catedral de Barcelona, que representa un Cristo na gloria circundado de anxos (1418) e mais na fachada leste do Pazo da Generalitat de Cataluña, na rúa do Bisbe. Aquí realizou o medallón de Sant Jordi (1416-1418). Fixo tamén as gárgolas da fachada gótica da Casa da Cidade. O seu virtuosismo artístico inscríbese dentro dos parámetros do gótico internacional. Cara a 1425 atópase traballando na catedral de Xirona.

Obras de madurez

editar

As súas obras máis sobresalientes son o retablo maior da catedral de Tarragona (1426), para a que realizou, en alabastro, unha predela coa historia de Santa Tegra. Entre 1434 e 1439 está en Zaragoza, onde executa labores no retablo maior de la catedral de Zaragoza, que remataría Hans de Suabia. Ambos os dous traballos foran contratados polo arcebispo de Tarragona Dalmau de Mur.

 
El Castel Nuovo, co arco de triunfo de Afonso o Magnánimo.

A petición do rei Afonso o Magnánimo, viaxou a Nápoles para traballar na decoración do Castel Nuovo onde, xunto co mallorquín Guillem Sagrera, executaron un arco de triunfo na entrada da fortaleza.

Valoración

editar

Pere Joan ten sido acusado de pesadez e falta de imaxinación á hora de plasmar sentimentos nas figuras humanas, mais lóuvase a súa capacidade plástica e paisaxística.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar