Pazo provincial de Ourense
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Pazo provincial de Ourense é un edificio histórico desa cidade, que na actualidade acolle a sede da Deputación de Ourense.
Pazo da Deputación de Ourense | |
---|---|
Pazo provincial de Ourense | |
Edificio | |
Tipo | Palacio |
Localización | Ourense |
Coordenadas | 42°20′16″N 7°51′57″O / 42.337769444444, -7.8658194444444 |
Propietario | Deputación Provincial de Ourense |
Uso(s) | Pazo provincial da Deputación |
Construción | |
Inicio | Século XIX |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Daniel Vázquez Gulías |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización
editarO edificio sitúase na zona sur do concello, na marxe exterior da cidade vella, sobre a rúa do Progreso. Atópase lindando co bispado, e a uns 200 metros da praza maior.
Historia
editarO edificio construíuse a finais do século XIX, co obxectivo de converterse nunha fábrica de afiaduras. Fora promovido pola familia Pérez Bobo. En 1895 a Deputación de Ourense mercou o local e o arquitecto Daniel Vázquez Gulías imprimiulle unha fonda reforma, onde lle engadiu o corpo central e pola que adquiriu a fasquía que se pode ver na actualidade.
Dende ese ano ata 1936 o edificio foi a sede da Deputación (segundo andar), da Audiencia provincial, do Goberno civil (primeiro andar), da biblioteca pública provincial e do centro de recrutamento. Durante a ditadura o edificio quedou destinado unicamente a goberno civil e deputación, e a rúa mudou de nome e pasou a chamarse General Franco. Nos anos sesenta o goberno civil pasou á súa localización recente do parque de San Lázaro, e o edificio quedou destinado unicamente ao servizo da Deputación. Ben entrada a democracia, a rúa recuperou o seu nome orixinal de Progreso.