[go: up one dir, main page]

Pantín, Valdoviño

parroquia civil do concello de Valdoviño

Santiago de Pantín é unha parroquia situada no norte do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 612 habitantes (317 mulleres e 295 homes) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 626 habitantes. Ten unha superficie de 13,1 km², cunha densidade de 46,71 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Pantín
Igrexa de Santiago de Pantín
ConcelloValdoviño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°38′02″N 8°06′03″O / 43.6339, -8.1008
Área13,1 km²
Poboación544 hab. (2019)
Densidade41,53 hab./km²
Entidades de poboación35[1]
editar datos en Wikidata ]

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é pantinexo.[2]

Patrimonio

editar

A igrexa de Santiago de Pantín é un templo de estilo ecléctico con planta de cruz latina, unha soa nave, presbiterio e dúas capelas laterais. Na súa fachada principal, á que se atopa acaroada a unha das súas bandas unha torre campanario de planta cadrada e coroada por unha cúpula, destaca, sita sobre a súa portada, un fornelo coa imaxe de Santiago. No seu interior gárdanse, sitos nas súas capelas laterais, retablos neogóticos.

No mes de setembro celébrase o Pantín Classic, unha proba válida para o campionato mundial de surf na praia homónima da parroquia.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pantín

editar
Lugares da parroquia de Pantín no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

O Ariño | A Barreira | O Bieiteiro | O Cadaval | A Cardosa | Casianes | O Castro | O Cotillón | Covo | Domondó | Fermil | As Ferrerías | Figueredo | Frádegas | O Freixo | A Gabeira | Lagares | A Lagoa | A Laxe | A Loira | Marnela de Abaixo | Marnela de Arriba | A Moreira | O Mouriscal | O Outeiro | A Pedreira | A Pereira | A Ramalleira | O Rodo | San Xiao | O Talieiro | A Teixoeira | As Trabes | A Uceira | Os Veceiros | Xavariz


Parroquias de Valdoviño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar