Otto Hahn
Otto Hahn, nado o 8 de marzo de 1879 en Frankfurt (Alemaña) e finado o 28 de xullo de 1968, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944.
Biografía
editarNaceu en Frankfurt e estudou química en Marburg e en Múnic. Tras recibir o seu doutoramento en filosofía en 1901, traballou na universidade de Marburg; en 1904 pasou a Londres e ao ano seguinte a Montreal, para finalmente establecerse en Berlín en 1906. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1944 polos seus traballos pioneiros no campo da radioactividade.
Investigacións científicas
editarXunto a Lise Meitner e Otto von Baeyer, desenvolveu unha técnica para medir os espectros da desintegración beta de isótopos radioactivos; para a súa fortuna este logro foi recoñecido e aseguroulle o posto de profesor no Instituto de Química Kaiser-Wilhelm de Berlín en 1912. En 1918, xunto con Meitner, descubriu o protactinio. Cando Meitner fuxiu da Alemaña nazi en 1938, el continuou o traballo con Fritz Strassmann na dilucidación do resultado de bombardeo do uranio cos neutróns térmicos. Comunicou os seus resultados a Meitner quen, en colaboración co seu sobriño Otto Roberto Frisch, interpretounos correctamente como evidencia da fisión nuclear (unha frase acuñada por Frisch). Unha vez que a idea da fisión foi aceptada, Hahn continuou os seus experimentos e demostrou as cantidades enormes de enerxía que a fisión inducida con neutróns podería xerar para uso pacífico ou para a guerra.
Ao transcorrer a segunda guerra mundial, Otto Hahn estivo entre os científicos alemáns postos baixo vixilancia polo programa aliado ALSOS, que o incluíu no proxecto alemán de enerxía nuclear para desenvolver unha bomba atómica (a súa soa conexión era o descubrimento da fisión, el non traballou no programa). A Hahn foille concedido o premio Nobel de Química en 1944, pero na cerimonia de entrega o presidente do comité Nobel para Química anunciou: "O profesor Hahn informounos que estima deplorable asistir a esta cerimonia." Foi apresado polos británicos, quen buscaban información sobre o esforzo alemán, errado, de desenvolver unha bomba atómica.
Na era da posguerra Hahn destacou como un firme opositor ao uso de armas nucleares. Propúxose en diversas ocasións que os elementos 105 e 108 da táboa periódica se chamasen Hahnium en honra de Hahn, pero ningunha destas propostas foi aprobada. Con todo, un dos poucos buques mercantes de propulsión nuclear do mundo, o Otto Hahn, foi bautizado así na súa honra.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Otto Hahn |
Ligazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1944 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Otto Hahn en NNDB (en inglés)
Predecesor: George de Hevesy |
Premio Nobel de Química 1944 |
Sucesor: Artturi Ilmari Virtanen |