Órix beisa
Órix beisa | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Beisa (Oryx beisa beisa) | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Oryx beisa' Rüppell, 1835 | |||||||||||||||||
Subspecies | |||||||||||||||||
O. b. beisa |
O órix beisa (Oryx beisa) é unha especie de antílope da África oriental que presenta dúas subespecies, o Oryx beisa beisa que habita estepas e semidesertos no Corno de África e no norte do río Tana, e o Oryx beisa callotis que se localiza no sur do Tana no sueste de Kenya e en zonas de Tanzania. No pasado, algúns taxonomistas considerábana unha subespecie do Oryx gazella pero xeneticamente son diferentes.
Descrición
editarO órix beisa ten unha altura de pouco máis dun metro á altura do ombreiro, entre 110 e 120 cm nos exemplares adultos,[2] variando o seu peso entre os 150 e os 200 kg. É facilmente recoñecible pola cor do seu pelame, gris co ventre branco, separado por unha banda negra que presenta tamén na unión da cabeza co pescozo, ao longo do fociño, e desde os ollos ata a boca, así como na testa. A súa coma é pequena e acastañada; e está dotado de dúas longas e finas cornas que presentan tanto machos como femias e que polo común miden entre 75 e 80 cm.
A especie vive en semidesertos e estepas alimentándose de herbas, follas, froitos e abrochos e é capaz de variar a súa temperatura corporal para minimizar a evaporación de auga, aumentando a súa temperatura polo día diminuíndo así a captación da calor ambiental e impedindo a perda da auga por evaporación e baixando a súa temperatura por radiación térmica durante a noite. Ademais os seus ouriños son pouco abundantes e moi concentrados. Viven en mandas de entre cinco e corenta animais, tipicamente as femias van por diante e un gran macho gárdalles as costas. Algúns machos son solitarios, aínda que con frecuencia están acompañados durante breves períodos por femias reprodutoras.
Notas
editar- ↑ IUCN SSC Antelope Specialist Group (2008). "Oryx beisa". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 13 November 2008.Database entry includes a brief justification of why this species is of Near Threatened.
- ↑ Oryx beisa en ultimateungulate
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Órix beisa |